martes, 22 de diciembre de 2009

¡¡¡¡BO NADAL!!!!


Dende este blog toda a directiva da Peña Madridista Monte Castelo quere desexarche unhas felices festas de nadal. Que disfrutedes de estes días en compañía dos vosos seres queridos. A nosa felicitación para toda a "familia madridista". ¡¡¡BO NADAL!!!

jueves, 17 de diciembre de 2009

VIAXE REAL MADRID-U.D.ALMERIA (2ªPARTE)


Xa estamos de volta coa segunda parte do viaxe a Madrid. Fíxose de rogar pero finalmente vamos repasar o resto do noso viaxe. Despois do partido do sabado, cada un dispuxo de tempo libre para poder disfrutar da noite de Madrid. Algún de nós topánonos con Michael Robinson e Carlos Martínez de Canal Plus, que saían de retransmitir o partido. Tamén como podedes ver na foto, atopamos a Tomás Roncero, madridista de pro, que de "bo rollito" sacouse unha foto con algún que outro.
Ao día seguinte, e despois de un bo almorzo buffet no hotel VillaMadrid, parte da expedición dirixiuse ao Bernabeu para disfrutar do Tour do Bernabeu; mentras a outra parte, foi a Valdebebas a presenciar o partido do Real Madrid Castilla coa Universidade das Palmas.

Tanto uns como outros, disfrutamos "de lo lindo". No tour do Bernabeu, colas para poder entrar, pero mereceu a pena. Tres horas estivemos de tour. ¿Qué contarvos? Subimos para ver a panorámica do campo: ¡impresionante!.
No cespede, grandes "lámparas" para cuidar o campo. Así estaba como unha alfombra.(Na foto podedes ver unha panoramica dende o palco, ¡que ben se estaba naquelas butacas!).


Pasamos por distintas zonas donde disfrutamos tanto das copas (será por copas ehhhhh,tal e como podedes ver na foto, jajaja,) así como de grandes momentos da historia do club. Todos os que fumos fotografiamonos coa Copa de Europa e algún que outro con Cristiano Ronaldo, jejeje.


Logo pasamos polo palco, banquillos, tunel, vestuarios (un gustazo o do jacuzzi, lástima de non darnos un chapuzón), sala de prensa e finalmente tienda do Bernabeu, onde tamén caeu algunha que outra compriña. (Na imaxe foto da sala de prensa)
Os de Valdebebas disfrutaron da victoria por 3-2 do Castilla, nun partido moi bonito, onde os futuros cracks demostraron ás súas cualidades. Penso que hai que mirar algo máis para a canteira ahora que Pepe está lesionado.

Pola tarde, a maioría disfrutou do encanto turístico da capital sendo o centro a zona máis visitada. As rúas cheas a reventar donde se respiraba un ambiente navideño.
Xa o luns, e despois de outro copioso almorzo buffet, arrancamos para Burela, con parada na Bañeza onde comimos estupendamente lareando sobre as diversas incidencias do viaxe.
Xa estamos preparando o seguinte viaxe. Hai bastante expectación para ir a Tenerife. Coma sempre, xa vos iremos informando. De momento, bo sabor de boca do viaxe a Madrid. Un saúdo para todos.

miércoles, 9 de diciembre de 2009

VIAXE REAL MADRID- U.D.ALMERIA (1ª PARTE)

Xa estamos de volta. Despois de tres días vividos intensamente na capital, tráiovos o caderno de bitácora do noso viaxe.
Cunha puntualidade británica saimos as 6:30 horas camiño de Madrid. Parada obligada para almorzar (desayunar) en Vega de Valcarcel. As 13:45 xa estábamos en Villacastín para comer. Comida e chupitiño para ir preparando ó ambiente do partido. As 16:30 horas chegada ó hotel VillaMadrid e reparto de habitacións. Aquí nos podedes ver no exterior do hotel.

Pequeno descanso e ¡listos para ir o Santiago Bernabeu!. Un par de horas antes do partido xa estábamos vivindo ó previo nos aledaños do Estadio. Hai que decir que o tempo acompañou en todo momento e por sorte, non nos choveu. Gran ambiente e un continuo ir e vir de xente. A tenda do Madrid chea a reventar.


Despois de ataviarnos adecuadamente, entrada no Bernabeu. Subimos as escaleiras, entramos na grada e, ós nosos pes...¡impresionante vista do campo dende os nosos asientos no 3º anfiteatro lateral este!. Chama a atención o especial cuidado do céspede, unha verdadeira alfombra


Estábamos ansiosos de que comenzara o partido. E comezou....o Madrid en tromba. Catro ocasións en apenas dez minutos que facía que apenas estiveramos sentados nos nosos asientos.
O Madrid desbordaba e o Almería aguantaba o chaparrón a espera de algún contraataque. Tanta presión que ó final o gol chegou. Cambio de xogo a Cristiano que ohhhhhhhhhhh, fai un control de fábula, centro milimétrico e gran remate de Sergio Ramos, ¡¡¡¡GOLLLLLLLLLLLLLLLLL!!!!. Abrazos, berros, saltos, ¡emoción desbordante!. O Madrid estaba xogando ben e creando ocasións, e nós disfrutando como enanos. Descanso e a recargar pilas para a segunda parte que foi de infarto.

O partido parecía controlado, pero dous zarpazos do Almería e...dous goles que enmudeceron o Santiago Bernabeu e que nos deixaron con cara de tontos. Uffff. Pasámolo un pouco mal, pero enseguida chegou Pipita o salvador, para recortar na área e de rosca marcar un golazo, ¡¡¡¡GOLLLLLLLLLLL!!! e o estadio ruxía convencido da remontada. Deseguido o penalty a Ronaldo e a locura na grada da Peña.

Tira Ronaldo e....ohhhhh, ¡falla! pero ahí estaba Benzema para fusilar a portería do Almería, ¡¡¡¡GOLLL, GOLLLL, GOLLLLLL!!!!. A foto recolle o momento en que o porteiro adiviña a dirección do balón. Pódese apreciar como Benzema está lixeiramente adiantado, pero tamén se comproba como había un xogador do Almería na parte dereita dentro da área. En todo caso habría que repetilo.
Ufffff, ¡que emoción!. A algún deulle algunha que outra taquicardia, jajaja. A verdade e que sabe ben remontar un partido co Bernabeu volcado. Ao final, galopada do Pipita pola banda, centro medido, e as gradas véñense abaixo, ¡¡¡¡GOLL, GOLLL, GOLLL de Cristiano!!! que se quita a espiña de fallar o penalty.
Non só nosoutros berramos emocionados. Tamén o fixo Ronaldo que se gañou a tarxeta amarela por quitarse a camiseta e mostrar a súa musculatura. Foi o único lunar do partido, xa que foi expulsado por dar unha patada a un contrario sen balón. Era de bermella directa pero o árbitro perdonoulle. O marcador mostra o resultado final 4-2 e todos contentos polo espectáculo presenciado.
Hasta aquí a primeira entrega do noso primer viaxe da tempada. Segunda entrega próximamente nas entradas do blog. jaja. Saúdos.

jueves, 3 de diciembre de 2009

PREPARANDO AS MALETAS


Hai que ir preparando as maletas. Como xa informamos, este fin de semana festivo a Peña vai facer o seu primer viaxe da tempada a Madrid. O autobús salirá da estación de autobuses as 06:30 horas (dígoo por si alguen quere vir a despedirnos, jajaja). Comeremos xa cerquiña de Madrid, para a continuación deixar as maletas no hotel Villamadrid **** e dirixirnos ó Santiago Bernabeu para vivir o ambiente do choque. O partido é as 20 horas.


Ao final a nosa programación "torceuse", xa que as televisións mandan, e o partido de basket ao que tiñamos pensado asistir é televisado pola 2 as 18:30 horas do sábado. Unha mágoa. Xoga o Madrid 1º da liga contra o Valencia 3º. Gran partido e por eso a pesar de xogar o equipo de fútbol o mesmo día, os intereses televisivos impóñense.

O domingo pola mañán, programaremos unha nova actividade (barallamos a opción do Tour do Bernabeu ou ben visita a Valdebebas) para "emborracharnos do espíritu blanco" jajaja. Tarde de libre disposición para xa o luns despois de pernoctar no hotel, emprender o viaxe de volta a Burela.

Fin de semana que promete. O ambiente está asegurado e ahí estaremos para animar ó noso equipo. ¡¡HALA MADRID!!