martes, 19 de enero de 2010

VIAXE A TENERIFE


Despois das vacacións de Nadal, xa estamos de volta. Os resultados do noso equipo poideron ser mellores, pero o empate en Pamplona e a derrota co Athletic, póñenos a 5 puntos do Barça. Aínda así queda moita liga, e tempo suficiente para presionar ó Barça.

Xa temos organizado o viaxe a Tenerife para o partido que se celebrará o día 27/28 de febreiro. Via mail ou por correo recibiredes toda a información necesaria. Aínda así, aquí tedes os titulares:

- Saída 25 febreiro desde aeroporto de Asturias(xoves) Chegada 1 marzo (luns)aeroporto de Santiago.

- Precio 390 €/persoa Socios. 440 €/persoa Non socios. No precio vai incluido: Desplazamentos Burela/Oviedo, Santiago/Burela, vuelos Oviedo/Tenerife Sur, Tenerife Sur/Santiago, traslados aeroporto/hotel/aeroporto en Tenerife, estancia de 4 noites en réximen de M.P en Hotel Paradise Park Resort (4 estrelas)en Playa de los Cristianos, traslados en autobús ó partido e seguro básico.
(Abaixo podedes ver unha foto do hotel)


- No precio arriba indicado haberá que sumarlle o precio da entrada do partido si se quere acudir ó mesmo (De momento non se sabe os precios das entradas)

- Os interesados en acudir a este viaxe deben de poñerse en contacto coa Peña, ven por correo electrónico (pmmontecastelo@yahoo.es) ou ben por teléfono 695161321, para facer a reserva, indicando os socios o número de carnet, sendo a data límite o 2 de febreiro.

- Tal e como se quedou na asamblea de setembro, o número mínimo de persoas para facer o viaxe é de 25. Cerrado o prazo, se non se cubre o cupo anularase esta saída, e si se cubre o cupo, poñerémosnos en contacto cos inscritos para facer o ingreso correspondente e aportar a documentación necesaria para os distintos trámites do viaxe.

¿Tomastes nota? Para calquer dúbida estamos á vosa disposición, ben no blog, ben por correo, ou ben por teléfono.
Un saúdo de parte de toda a directiva.