viernes, 4 de noviembre de 2011
LOTERIA DO NADAL 2011
Xa temos preparada a lotería do nadal para este ano 2011. Coma sempre xogamos o número habitual 50.815. Non olvidedes que a Peña é de todos, e entre todos temos que poñer o noso grao de area para poder seguir adiante.
Casi todos os anos a directiva está levando o peso na súa venda, pero necesitamos da túa axuda. Temos a disposición de todos os socios talonarios para colaborar a vendela.
¡¡Colabora!! Ponte en contacto con nosoutros a través do teléfono da Peña 695161321 é acercarémosche un talonario.
Grazas ...¿ e si cae aquí?
miércoles, 2 de noviembre de 2011
E CHEGAMOS AS 3.000 VISITAS
Dende esta páxina queremos darvos as grazas polo seguimento que facedes da mesma. Fai uns días chegamos as 3.000 visitas e subindo. Procuraremos seguir informando das noticias relacionadas coa nosa Peña e tamén queremos que interactúedes a través do blog para facernos chegar os vosos comentarios e inquedanzas.
En breve comezaremos a programación de actividades para esta tempada, das que vos iremos informando puntualmente.
De novo, ¡¡MOITAS GRAZAS!!
martes, 11 de octubre de 2011
ASAMBLEA XERAL ORDINARIA
A Peña Madridista Monte Castelo celebra a súa asamblea xeral ordinaria anual o próximo venres día 14 de outubro as 20:00 horas en primeira convocatoria e as 20:30 horas en segunda convocatoria. Esta asamblea terá lugar no Salón de Conferencias do Concello de Burela (antiga biblioteca municipal)
A reunión ten os seguintes puntos do día:
- Lectura e aprobación da anterior acta
- Estado de contas
- Continuidade da actual xunta por un ano máis sin necesidade de convocar eleccións, e posibles cambios na composición da mesma.
- Planning de actividades para a tempada
- Rogos e preguntas
Dado o interese de todos estos temas para un bo funcionamento da Peña, esperamos a vosa asistencia e participación. Moitas grazas. Un saúdo.
A directiva
jueves, 16 de junio de 2011
SARDIÑADA 2011
Hola a todos. Como xa vos remitimos por carta e mail, o próximo sábado día 18 de xuño terá lugar a Sardiñada-churrascada que organizamos cada ano na área recreativa Monte Castelo. Non vos olvidedes de subir a partir das 19:00 para degustar as sardiñas (si chegan a porto claro) e un churrasco no seu punto.
É o último acto da tempada, así que ¡¡non faltedes!!
Ah, si algún quere botar unha mán, podedes subir ao longo da mañán. Esperámosvos cos brazos abertos.
Saúdos
viernes, 3 de junio de 2011
¡¡¡FELICES FESTAS 2011!!!
Dende a directiva queremos desexar a todos os socios unhas felices festas patronais. Que estas festas sean de ledicia e que por uns días olvidemos os problemos diarios e disfrutemos na compañía da familia e veciños, de todos os actos tan emotivos para nosoutros, como a baixada da Virxe, a procesión marítima...
Esperemos que o tempo nos acompañe, e podamos vivir destos momento tan entrañables e especiais
¡¡¡¡¡¡FELICES FESTAS PATRONAIS!!!!!!!
jueves, 2 de junio de 2011
NOVAS FOTOS CEA BAILE 2011
Hola a todos. Xa podedes ver unhas cuantas fotos da Cea Baile que tivemos no Louzao o sábado 21 de maio. Como sempre, tedes que ir a parte dereita do blog, en galería fotográfica e pinchar no enlace "Cea Baile 2011".
Como xa sabedes ao final poidemos disfrutar da presencia de dous históricos, como foron o porteiro Miguel Angel e Antonio Ruíz, que mostraron a súa cara máís amable con todo o mundo.
Bo ambiente na cea...boa comida....e bailoteo hasta altas horas da madrugada con barra libre.
Como peche desta tempada, non vos olvidedes da Sardiñada que terá lugar o vindeiro mes de xuño.
Saúdos dende a directiva
sábado, 7 de mayo de 2011
PARA IR ABRINDO BOCA
Como vistes no anterior post, xa está á volta da esquina a Cea Baile que organizamos anualmente. E, para abrir boca, podedes ollar na parte dereita do blog, no apartado "Galería Fotográfica" ó final de todo, unha selección das mellores "secuencias" da cea celebrada o ano pasado, donde a mariscada foi o plato estrela.
Non vos perdades á cea deste ano.....boa comida....boa compañía.....un bailongo para baixar a comida.....é barra libre para non caer deshidratados.
Ah, como podedes ver, hai cinco galerías fotográficas: Inauguración da Peña 2006, Cea Baile 2009, Viaxe Madrid 2009, Cocido 2001 e Cea Baile 2010. Non tedes mais que pinchar en cada unha delas e entraredes nunha ventana para poder verlas a tamaño completo.
Saúdos dende a directiva, e vémonos na cea. ¡¡Animádevos!!
jueves, 5 de mayo de 2011
CEA BAILE ANUAL 2011
Xa temos programada nova actividade. Como xa vos adiantamos, neste mes de maio, en concreto, o día 21 de maio as 22:00 horas, vamos a celebrar a cea-baile anual en compañía (ao igual que fixemos o ano pasado) do resto de peñas madridistas da Mariña.
En principio está previsto que acudan á cea, en representación do Real Madrid, C.F, AMANCIO AMARO (conquistou 9 ligas, 3 copas de España, 1 copa de Europa, foi pichichi en duás ocasións e internacional en 42 ocasións, acadando o Campeonato de Europa en 1964) e MIGUEL ANGEL (porteiro galego que conquistou 8 ligas, 5 copas do rei, 2 copas da UEFA, participou en dous campeonatos do mundo sendo internacional en 18 ocasións) dous históricos do club blanco.
Dado o bo sabor de boca que nos queda de anteriores "edicións", a cea será no Restaurante Louzao en Area e como sempre dispoñemos de autobús que salirá da estación de autobuses o citado día 21 de maio as 21:00 horas.
Si estás interesado en acudir, hai que ingresar na conta da Peña (2091-0109-086-3040019865)a cantidade de 30 € si eres socio, e 60 € para os non socios. A data tope para facer o ingreso é o día 13 de maio.
domingo, 24 de abril de 2011
¡¡¡CAMPEÓNS COPA DO REI 2011!!!
Caeu o primer título da tempada. Unha nova e ansiada Copa do Rei xa pasa a formar parte das vitrinas do Madrid despois de 18 anos. Logo dun gran partido con prórroga incluida e unha tensión increíble, o Madrid fiel ó seu estilo de xogo acadou o seu obxetivo.
Foi un partido titánico. O Madrid xogou unha primeira parte primorosa controlando en todo momento o xogo barcelonista que apenas chegou con peligro á área madridista. Pola contra o Madrid gozou de varias ocasións como un remate de Cristiano sacado de debaixo dos paus por Mascherano e un remate de Pepe que deu no travesaño.
Na segunda parte o Barça impuxo o seu xogo cun Madrid que semellaba cansado despois do esforzo da primeira parte. Casillas foi protagonista sacando un gol cantado cunha manopla milagrosa a tiro de Iniesta.
E así chegouse á prórroga, cun Madrid moi serio, e no minuto 103 logo dunha gran xogada entre Marcelo e Di María, con centro deste último e maxestuoso remate de cabeza de Cristiano Ronaldo ¡¡¡¡¡GOOOOOOOOOOOLLLLLLLL!!!!!. O delirio, a locura.....Merecido triunfo....épico....e ante o gran rival.
Disfrutemos de estes momentos que xa está á volta da esquina a esperanzadora semifinal da Champions.
¡¡¡Parabéns Madridistas!!!
martes, 1 de marzo de 2011
RESUMEN PRIMER VIAXE DA TEMPADA
Como xa sabedes a Peña realizou o primer viaxe da tempada o pasado 20 de novembro. Os socios poideron disfrutar de dous partidos, un de fútbol e outro de basket. O sábado asistiron o partido Real Madrid- Atletic de Bilbao que finalizou nunha gran goleada, ¡¡5-1!! con hat trick incluido, do noso crack Cristiano Ronaldo.
Despois de pernoctar na capital no Hotel Chamartín, a peña disfrutou dun gran espectáculo de basket na famosa Caixa Máxica. O partido entre o Real Madrid e o equipo revelación do Blancos Rueda de Valladolid, finalizou cun resultado favorable aos nosos colores de 87-82, onde destacaron Carlos Suárez e tamén Ante Tomic que finalizaron con 16 puntos cada un.
Na parte superior podedes ver aos socios da Peña diante das instalacións da Caixa Máxica.
En resumen, satisfacción entre os nosos socios que poideron aproveitar no fin de semana e ver dous grandes espectáculos do noso Real Madrid, con resultados moi favorables o que fixo o camiño de volta moito máis corto.
Un saúdo dende a directiva
lunes, 21 de febrero de 2011
COCIDO NA TERRA DO BUTELO
Recién chegamos de saborear o cocido camiño da Fonsagrada, en concreto e tal e como vos informamos, no Cádavo (Baleira). Uns 50 socios desprazáronse no bus posto pola Peña e puideron disfrutar dun espectacular cocido, no que non faltou o lacón, a cachucha, androlla,... e como é típico da zona, o butelo. Todo elo acompañado de grelos, garabanzos, chourizos e pataquiñas, e regado cun bo viño. Non faltaron tampouco uns postres caseiros de tarta de queixo, flan e filloas e unha boa sobremesa con chupitos da casa. Todo elo por so 10 €.
O máis impactante do cocido e a súa presentación en pezas enteiras. Hai que decir, que o noso equipo mostrou unha impecable técnica á hora de "trinchar" as viandas das mesas. Como mostra podedes ver unhas cuantas fotos no apartado de galería fotográfica na parte dereita do blog.
Como diría Arguiñano: "Rico, rico, rico....."
jueves, 10 de febrero de 2011
VIAXE A SANTANDER
Como vedes, non paramos. Tras o cocido que terá lugar este mes de febreiro, xa temos programado para o mes de marzo o viaxe a Santander para asistir ó partido entre o Racing de Santander e o Real Madrid. A data sería a do fin de semana do 5 de marzo (fin de semana de Carnaval). Saliríamos de Burela o día 5 de marzo sábado, facendo noite en Santander (Hotel 4 estrelas) para voltar o día 6 de marzo domingo. Como xa sabedes, e por motivo das televisións, non hai horario para o partido, así que saliríamos de volta dende Santander o domingo a mediodía si o partido se xogara en sábado ou ben cando remate o partido si o partido se xoga en domingo.
Os prezos para todo aquel que se quera desprazar son os seguintes:
- Habitación doble: 70 € (35 € por persoa)
- Habitación individual: 65 €
- Habitación doble máis supletoria: 100 €
O prezo para os NON socios veráse incrementado en 30 € persoa.
O prezo da entrada non está incluido. A día de hoxe non sabemos aínda os prezos.
A data límite para inscribirse é o 15 de febreiro. Resaltar que para facer o viaxe é necesario un mínimo de 25 persoas. Si estades interesados, tedes que chamar ó teléfono da Peña 695161321 ou ben ó teléfono 629874493.
Unha vez sepamos o número de persoas que viaxarán, poñerémonos en contacto con cada un de vosoutros para o abono do viaxe e das entradas.
Un viaxe bonito nun fin de semán de antroido. ¡¡Animádevos!!
Un saúdo dende a directiva
miércoles, 9 de febrero de 2011
¡¡¡TOCA COCIDO!!!
Hola de novo. Tal e como quedamos na asamblea xeral que facemos cada ano, vamos cumplindo coa "folla de ruta" que marcamos. E por estas datas, ¡¡toca cocido!!. O próximo día 20 de febreiro desplazarémosnos ata o Cádavo (Baleira) para degustar un espectacular cocido. A Peña poñerá a disposición de todos os socios un autobús que salirá as 11:30 da mañán dende a estación de autobuses e regresaría a Burela unha vez rematado o almorzo. ¿O precio do cocido co desprazamento incluído? 10 euriños para os socios e 25 para os non socios. Así que, animádevos e vamos pasar todos xuntos un bo día en agradable compañía.
Para asistir hai de prazo ata o 15 de febreiro. Tedes que chamar ó teléfono da Peña 695161321 ou ben ó teléfono 629874493. ¡Non esperedes ó último día!
miércoles, 19 de enero de 2011
¡2.000 visitas!
En primer lugar darvos as grazas polo voso seguimento na páxina da nosa Peña. Chegamos ás 2.000 visitas. A través dela procuramos que estedes informados de toda a nosa actualidade. Xa aproveito para decirvos que estamos traballando nas próximas actividades da Peña que serán os próximos meses de febreiro e marzo.
Para febreiro, e tal como se quedou na reunión anual, estamos preparando unha comida a base dun bo cocido. En breve vos informaremos ó igual que do próximo viaxe programado que vai ser a Santander. Estamos realizando as distintas xestións e xa podedes tomar nota porque a data é a do fin de semana de carnaval.
Pensamos que son unhas boas propostas para empezar o ano, así que....animádevos.
Un saúdo dende a directiva
Suscribirse a:
Entradas (Atom)