lunes, 21 de febrero de 2011
COCIDO NA TERRA DO BUTELO
Recién chegamos de saborear o cocido camiño da Fonsagrada, en concreto e tal e como vos informamos, no Cádavo (Baleira). Uns 50 socios desprazáronse no bus posto pola Peña e puideron disfrutar dun espectacular cocido, no que non faltou o lacón, a cachucha, androlla,... e como é típico da zona, o butelo. Todo elo acompañado de grelos, garabanzos, chourizos e pataquiñas, e regado cun bo viño. Non faltaron tampouco uns postres caseiros de tarta de queixo, flan e filloas e unha boa sobremesa con chupitos da casa. Todo elo por so 10 €.
O máis impactante do cocido e a súa presentación en pezas enteiras. Hai que decir, que o noso equipo mostrou unha impecable técnica á hora de "trinchar" as viandas das mesas. Como mostra podedes ver unhas cuantas fotos no apartado de galería fotográfica na parte dereita do blog.
Como diría Arguiñano: "Rico, rico, rico....."
jueves, 10 de febrero de 2011
VIAXE A SANTANDER
Como vedes, non paramos. Tras o cocido que terá lugar este mes de febreiro, xa temos programado para o mes de marzo o viaxe a Santander para asistir ó partido entre o Racing de Santander e o Real Madrid. A data sería a do fin de semana do 5 de marzo (fin de semana de Carnaval). Saliríamos de Burela o día 5 de marzo sábado, facendo noite en Santander (Hotel 4 estrelas) para voltar o día 6 de marzo domingo. Como xa sabedes, e por motivo das televisións, non hai horario para o partido, así que saliríamos de volta dende Santander o domingo a mediodía si o partido se xogara en sábado ou ben cando remate o partido si o partido se xoga en domingo.
Os prezos para todo aquel que se quera desprazar son os seguintes:
- Habitación doble: 70 € (35 € por persoa)
- Habitación individual: 65 €
- Habitación doble máis supletoria: 100 €
O prezo para os NON socios veráse incrementado en 30 € persoa.
O prezo da entrada non está incluido. A día de hoxe non sabemos aínda os prezos.
A data límite para inscribirse é o 15 de febreiro. Resaltar que para facer o viaxe é necesario un mínimo de 25 persoas. Si estades interesados, tedes que chamar ó teléfono da Peña 695161321 ou ben ó teléfono 629874493.
Unha vez sepamos o número de persoas que viaxarán, poñerémonos en contacto con cada un de vosoutros para o abono do viaxe e das entradas.
Un viaxe bonito nun fin de semán de antroido. ¡¡Animádevos!!
Un saúdo dende a directiva
miércoles, 9 de febrero de 2011
¡¡¡TOCA COCIDO!!!
Hola de novo. Tal e como quedamos na asamblea xeral que facemos cada ano, vamos cumplindo coa "folla de ruta" que marcamos. E por estas datas, ¡¡toca cocido!!. O próximo día 20 de febreiro desplazarémosnos ata o Cádavo (Baleira) para degustar un espectacular cocido. A Peña poñerá a disposición de todos os socios un autobús que salirá as 11:30 da mañán dende a estación de autobuses e regresaría a Burela unha vez rematado o almorzo. ¿O precio do cocido co desprazamento incluído? 10 euriños para os socios e 25 para os non socios. Así que, animádevos e vamos pasar todos xuntos un bo día en agradable compañía.
Para asistir hai de prazo ata o 15 de febreiro. Tedes que chamar ó teléfono da Peña 695161321 ou ben ó teléfono 629874493. ¡Non esperedes ó último día!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)