sábado, 7 de mayo de 2011
PARA IR ABRINDO BOCA
Como vistes no anterior post, xa está á volta da esquina a Cea Baile que organizamos anualmente. E, para abrir boca, podedes ollar na parte dereita do blog, no apartado "Galería Fotográfica" ó final de todo, unha selección das mellores "secuencias" da cea celebrada o ano pasado, donde a mariscada foi o plato estrela.
Non vos perdades á cea deste ano.....boa comida....boa compañía.....un bailongo para baixar a comida.....é barra libre para non caer deshidratados.
Ah, como podedes ver, hai cinco galerías fotográficas: Inauguración da Peña 2006, Cea Baile 2009, Viaxe Madrid 2009, Cocido 2001 e Cea Baile 2010. Non tedes mais que pinchar en cada unha delas e entraredes nunha ventana para poder verlas a tamaño completo.
Saúdos dende a directiva, e vémonos na cea. ¡¡Animádevos!!
jueves, 5 de mayo de 2011
CEA BAILE ANUAL 2011
Xa temos programada nova actividade. Como xa vos adiantamos, neste mes de maio, en concreto, o día 21 de maio as 22:00 horas, vamos a celebrar a cea-baile anual en compañía (ao igual que fixemos o ano pasado) do resto de peñas madridistas da Mariña.
En principio está previsto que acudan á cea, en representación do Real Madrid, C.F, AMANCIO AMARO (conquistou 9 ligas, 3 copas de España, 1 copa de Europa, foi pichichi en duás ocasións e internacional en 42 ocasións, acadando o Campeonato de Europa en 1964) e MIGUEL ANGEL (porteiro galego que conquistou 8 ligas, 5 copas do rei, 2 copas da UEFA, participou en dous campeonatos do mundo sendo internacional en 18 ocasións) dous históricos do club blanco.
Dado o bo sabor de boca que nos queda de anteriores "edicións", a cea será no Restaurante Louzao en Area e como sempre dispoñemos de autobús que salirá da estación de autobuses o citado día 21 de maio as 21:00 horas.
Si estás interesado en acudir, hai que ingresar na conta da Peña (2091-0109-086-3040019865)a cantidade de 30 € si eres socio, e 60 € para os non socios. A data tope para facer o ingreso é o día 13 de maio.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)