jueves, 16 de junio de 2011
SARDIÑADA 2011
Hola a todos. Como xa vos remitimos por carta e mail, o próximo sábado día 18 de xuño terá lugar a Sardiñada-churrascada que organizamos cada ano na área recreativa Monte Castelo. Non vos olvidedes de subir a partir das 19:00 para degustar as sardiñas (si chegan a porto claro) e un churrasco no seu punto.
É o último acto da tempada, así que ¡¡non faltedes!!
Ah, si algún quere botar unha mán, podedes subir ao longo da mañán. Esperámosvos cos brazos abertos.
Saúdos
viernes, 3 de junio de 2011
¡¡¡FELICES FESTAS 2011!!!
Dende a directiva queremos desexar a todos os socios unhas felices festas patronais. Que estas festas sean de ledicia e que por uns días olvidemos os problemos diarios e disfrutemos na compañía da familia e veciños, de todos os actos tan emotivos para nosoutros, como a baixada da Virxe, a procesión marítima...
Esperemos que o tempo nos acompañe, e podamos vivir destos momento tan entrañables e especiais
¡¡¡¡¡¡FELICES FESTAS PATRONAIS!!!!!!!
jueves, 2 de junio de 2011
NOVAS FOTOS CEA BAILE 2011
Hola a todos. Xa podedes ver unhas cuantas fotos da Cea Baile que tivemos no Louzao o sábado 21 de maio. Como sempre, tedes que ir a parte dereita do blog, en galería fotográfica e pinchar no enlace "Cea Baile 2011".
Como xa sabedes ao final poidemos disfrutar da presencia de dous históricos, como foron o porteiro Miguel Angel e Antonio Ruíz, que mostraron a súa cara máís amable con todo o mundo.
Bo ambiente na cea...boa comida....e bailoteo hasta altas horas da madrugada con barra libre.
Como peche desta tempada, non vos olvidedes da Sardiñada que terá lugar o vindeiro mes de xuño.
Saúdos dende a directiva
Suscribirse a:
Entradas (Atom)