sábado, 22 de diciembre de 2012
¡¡FELICES FESTAS!!
Dende a directiva queremos desexar a todos os socios unhas felices festas do nadal e un próspero aninovo. Que poidades disfrutar duns días felices en compañía dos vosos seres queridos. Momentos especiais para disfrutar e que o novo ano veña cargado de saúde e felicidade para todos.
P.D.- A ver si cae algunha que outra copa para o noso equipo
lunes, 10 de diciembre de 2012
NOVO MERCHANDISING
Sí, sí, temos novo "merchandising". Xa temos no noso poder as bufandas diseñadas para a nosa Peña. Unha bufanda de gran calidade cos logotipos da Peña e do Real Madrid para que poidades lucir e disfrutar coas cores do noso equipo.
Para ir abrindo boca, poñovos unha foto do diseño. En próximas noticias xa vos poñeremos unha foto co resultado final.
Ah, as bufandas están a venta ao precio de 10 €. Podedes poñervos en contacto con calquer membro da directiva, ou ben no teléfono da Peña 695161321
jueves, 13 de septiembre de 2012
ASAMBLEA ANUAL
O vindeiro venres día 14 de setembro as 20:00 horas en primeira convocatoria e as 20:30 en segunda convocatoria, no Salón de Conferencias de Burela, terá lugar a Asamblea Anual da nosa Peña, co seguinte orde do día:
- Lectura e aprobación da acta anterior
- Estado de contas.
- Presentación dos novos carnets de peñistas e prendas da peña.
- Planning para a tempada (elección dos desprazamentos a efectuar, actos festivos.....)
- Rogos e preguntas.
A finalización da Asamblea, iremos a un establecemento da localidade para disfrutar duns pinchos e un viño.
Como vedes temos novedades como a presentación dos novos carnets da Peña e tamén nova prenda que añadir aos polos que fixemos fai anos e que servirán para identifiicar a todos os nosos socios nos distintos actos.
Dende aquí animamos a todos os socios a participar na Asamblea donde decideremos tamén os viaxes e distintos actos a levar a cabo ao largo dunha nova apaixoante tempada.
martes, 19 de junio de 2012
NOVAS PANCARTAS
Este ano decidimos a realización de novas pancartas cos cales identificar a Peña nas distintas actividades que se leven a cabo (viaxes, actos, cea, sardiñada....). Fixéronse dúas novas pancartas (tamaño grande e pequeno).
No diseño pretendimos incluir elementos esenciais do noso equipo e da nosa Peña. Así, incluimos por unha banda unha fotografía do Santiago Bernabeu e por outra banda una fotografía do noso pobo, concretamente, da praia co Faro de Burela ao fondo. Todo elo, presidido polo escudo da nosa Peña envolto no Torques de Burela.
Para non liarnos en descripcións acompañamos a este post unha fotografía das mesmas.
Pensamos que o resultado e bó, ¿qué opinades?
Saúdos
domingo, 17 de junio de 2012
¡CHEGAMOS AS 4.000 VISITAS!
Sí, xa chegamos as 4.000 visitas. Non está nada mal. Dende a directiva queremos agradecer o seguimento que facedes deste blog. Sabemos que é unha forma mais de que esteñades informados de toda a actualidade da Peña, e ver que funciona anímanos moito a seguir traballando e ir actualizando os contidos da páxina.
Grazas de novo, e ...¡a polas 5.000!
Saúdos
Grazas de novo, e ...¡a polas 5.000!
Saúdos
miércoles, 13 de junio de 2012
SARDIÑADA 2012
Tal e como se comunicou, ven por mail ou por correo ordinario, estaba previsto a realización da Sardiñada 2012 no Monte Castelo o próximo sábado día 16 de xuño. Necesitábamos saber o número de persoas interesadas para axustar as compras e o gasto desta comida. Dado que ven en persoa ou por calquer outro medio (teléfono, mail...) non houbo o suficiente interés por parte dos socios en acudir a dito evento, decideuse SUSPENDER a sardiñada deste ano.
Gustaríanos seguir contando coa vosa presencia nos distintos actos que programaremos para a próxima tempada.
Grazas a todos en un saúdo dende a directiva
lunes, 11 de junio de 2012
ALBUM "SARDIÑADA 2011" NA GALERIA FOTOGRAFICA
Temos colgado un novo album neste blog. Xa faltan poucos días para a celebración da Sardiñada no Monte Castelo, (non vos olvidedes os interesados en poñervos en contacto coa directiva para axustar o gasto) e para abrir boca, podedes ver unha selección de fotos da Sardiñada que se celebrou o ano pasado.
Para velas, non tedes máis que ir ao lado dereito no blog, na sección "galería fotográfica". Ao final de todo, o último album corresponde á "Sardiñada 2011". As fotos van pasando como diapositivas en pequeno. Para ver as fotos en grande, pinchade en calquera delas e xa vos leva ao enlace donde podedes ver todas ampliadas.
Esperamos que vos guste.
Saúdos dende a directiva
domingo, 13 de mayo de 2012
¿MADRID DE 10? NO, MADRID DE ¡¡¡100!!!
Histórica. Así se pode definir a campaña ligueira do R. Madrid. Coa victoria frente ó Mallorca por 4-1 o Madrid despide a liga ao grande, con un record histórico de ¡¡100 puntos!! e deixando a cifra de goles en ¡¡121 goles!! (O record anterior databa da temporada 89-90 con 107 goles). Sí, sí, que digan que Mourinho e defensivo. Ademais o noso equipo foi o que máis goles (51) e máis victorias (32, superando o record anterior en poder do Barça con 31 victorias) conseguiu a domicilio.
Mais datos, o Madrid acadou en todas as competicións un total de 171 goles, cifra a que nunca se chegara na historia do Real Madrid.
Como xa dixo Mou: "Este equipo será recordado para siempre como el equipo de los 100 puntos".
¡¡Felicidades Madridistas!!
sábado, 12 de mayo de 2012
¡¡¡¡CAMPIÓNS DE LIGA 2011-2012!!!!
¡¡¡Sí, Sí, Sí...xa xomos campións de liga 2011-2012!!!. Despois de unha temporada soberbia con uns números de record o Madrid proclamouse campión de liga logo dunha victoria incontestable por 0-3 no difícil campo de San Mamés onde naide antes se proclamara campeón de liga.
O Madrid foi por a Liga dende un principio en San Mamés, e a pesar de que CR7 fallou un penalty, Higuain de un primoroso zapatazo marcou o 0-1 que daba ventaxa o Real Madrid. Maís tarde Otzil con unha asistencia perfecta de Cristiano batía a Iraizoz. O Madrid controlou o partido en todo momento e Cristiano non podía irse sen marcar, e así de un cabezazo poñía do definitivo 0-3 que daba ó Madrid o ansiado 32º título ligueiro.
A temporada foi impresionante. Ganando en todos os feudos mais complicados como o Nou Camp, o Vicente Calderón, San Mamés, Sanchez Pizjuan, Mestalla,......De feito, solo perdeu un pardido fora da casa a principio de temporada contra o Levante.
Mourinho soupo inculcar unha disciplina férrea, con unha intensidade e concentración en cada partido, eliminando os fantasmas da relaxación de temporadas anteriores.
Hai que dar o xusto valor a esta enorme título ligueiro batindo records de fai anos. Así, por exemplo, bateuse o record de goles en una temporada que estaba en poder do Madrid de Toshack (107 goles/Temporada 1989/90). A falta do partido contra o Mallorca a cifra e de 117 goles, ¡¡¡impresionante!!!.
E outro record que pode caer. Si se gana o último partido contra o Mallorca o Madrid sumaría a máxica cifra de ¡¡100 puntos!!, o que sería o maior número de puntos xamais alcanzado por ningún equipo na liga española. ¡De record en record!
En todo este éxito hai que destacar o mellor tridente goleador de toda a historia do Real Madrid. O formado por Cristiano Ronaldo, Benzema e "Pipita" Higuain. Ni mais ni menos que (a falta de un partido) 87 goles na liga, estando os tres no top 5 de mellores goleadores da liga española, ¡¡impresionante!!.
Pouco máis se pode decir, éxito rotundo deste Madrid de Mourinho, do que hai que recoñecer e valorar o éxito acadado.
¡¡PARABENS A TODOS OS MADRIDISTAS!!
¡¡HALA MADRID!!

jueves, 10 de mayo de 2012
CEA-BAILE 2012
Xa temos ultimados os detalles da Cea-Baile para este ano 2012, no que con moito orgullo todos os madridistas podemos celebrar a consecución do título ligueiro. A Cea vai ter lugar o venres día 25 de maio as 22:00 horas no Restaurante Louzao, e ao igual que o ano pasado estaremos acompañados por todas as Peñas Madridistas da Mariña.
Si estades interesados en acudir o precio é de 30 € para os socios e de 60 € para os non socios. A data límite de ingreso na conta da Peña: 2080-0109-16-3040019865 é do 18 de maio. Esperamos contar para tal evento coa presencia do Presidente da Federación de Peñas do Real Madrid e posiblemente con algunha personalide máis.
Para facilitar o desplazamento, poñemos a disposición de todos os socios dun autobús que salirá as 21:30 horas do estación de autobuses e que voltará unha vez finalizado o evento.
A directiva segue traballando nos distintos actos programados según o aprobado na Asamblea Xeral. Xa está en marcha a Sardiñada do Monte Castelo que terá lugar a mediados de xuño e da que daremos amplia información neste blog.
Un saúdo a todos.

martes, 24 de abril de 2012
F.C BARCELONA 1- REAL MADRID 2
O Real Madrid mereceu o triunfo neste gran partido que casi decide o campeonato ligueiro. Controlou o ritmo de xogo en todo momento. Adiantouse no marcador cun gol de Khedira no minuto 17, nunha falta de entendemento entre Valdés e Puyol. Despois durmeu o partido a base de disciplina e orden táctico, sentíndose cómodos en todo momento. Incluso foron capaces de reaccionar cando o Barcelona parecía revivir tras o empate do recén ingresado Alexis, cun rebote despois dunha gran parada de Casillas no minuto 70. Ao final chegou o crack, ese que algúns dicen que non aparece nas citas importantes, e nunha galopada con unha definición implacable, a un pase excelente de Otzil sentenciou o partido no minuto 73'.
Cristiano Ronaldo saleu más fortalecido que nunca no seu duelo particular con Messi, que pasou desapercibido cando máis o necesitaba o seu equipo.
Pep Guardiola foi duramente criticado polo seu plantexamento, ao salir con unha defensa de 3 e poñer na alineación a Alves de extremo que foi incapaz de irse de Coentrao e ao apostar por Tello, a o que a súa xuventude pesoulle máis que nunca. Errou Pep que tampouco soupo axustar hasta que foi demasiado tarde.
En resumen, gran e merecido triunfo de Madrid que deixa ao Barça a 7 puntos con catro partidos en xogo. Gran alegría e prudencia ata que se poida cantar o merecidísimo alirón final.
¡¡¡¡¡¡¡¡HALA MADRID!!!!!!!!!!

domingo, 22 de abril de 2012
RESUMEN VIAXE A MADRID
Xa de volta, despois do viaxe a Madrid para ver o partido contra a Real Sociedad, os nosos socios quedaron encantados co xogo desplegado polo noso equipo que borrou á Real Sociedad do campo e acadou un resultado favorable de 5-1. Bo xogo e espectáculo con goles de Benzema (2), Cristiano Ronaldo (2) e Higuain.
Nunha situación privilexiada no campo, a Peña vibrou co xogo do Madrid, perfecto na presión, buscando o corpo a corpo, e veloces nas transicións, como xa é habitual no equipo de Mourinho.
Goleada balsámica despois da pérdida de puntos que estaba a desangrar ao noso equipo. O programa do viaxe desenvolveuse según o previsto e despois da chegada a Madrid, a Peña puido disfrutar do ambiente pre-partido dos alrededores do Santiago Bernabeu. Partido, e celebración por todo o alto, para xa o día seguinte coller o autobús e chegar a unha hora "prudente" a Burela.
Xa estamos preparando a seguinte actividade da Peña que vai a ser a Cea-Baile que todos os anos levamos a cabo sobre o mes de maio. Estade atentos á páxina. En breve xa vos informamos.

jueves, 8 de marzo de 2012
VIAXE A MADRID. Partido R.Madrid- R.Sociedad
Hola a todos. Seguindo coas actividades da Peña xa temos organizado o viaxe que vamos realizar este ano ó Santiago Bernabeu. Nun principio estaba programado o viaxe ó partido R.Madrid- Málaga o día 18 de marzo, pero debido a que se vai xogar o domingo as 21:30, decidiuse aplazalo unha semana e acudir a presenciar o partido R.Madrid-R.Sociedad que terá lugar o sábado 24 de marzo as 20:00 horas.
O programa do desplazamento é o seguinte:
- Saída de Burela, estación de autobuses o día 24 as 06:30 horas, efectuando parada para almorzar en Vega de Valcarcel e xantar na localidade de Villacastín.
- A chegada á capital, entrada no hotel e reparto de habitacións. A continuación traslado hasta o estadio Santiago Bernabeu para disfrutar do partido de fútbol.
- Regreso o domingo, saíndo do hotel as 12:00 horas, comendo en ruta e chegando a Burela pola tardiña.
O precio para os socios que se queiran desprazar é de 35 € persoa en habitación doble. Si se quere unha habitación individual o coste é de 61 €.
O precio inclúe autobús (desplazamento burela- madrid mais transporte ó Estadio) + aloxamiento en hotel con almorzo (desayuno) incluido.
O que desexe acudir a presenciar o partido ó estadio deberá aboar o precio da entrada en función da zona que nos asignen. (45 € tercer anfiteatro ou 60 € grada baixa fondo)
Os non socios verán incrementados o precio en 30 €.
Para reservar a praza e condición indispensable ingresar na cuenta de Peña (2091-0109-86-3040019865) antes do 13 de marzo o importe do viaxe, especificando número de socio, habitacións e entradas solicitadas.
Para calquer duda ou aclaración, estamos á vosa disposición no teléfono da Peña: 695161321
martes, 6 de marzo de 2012
COCIDO 2012
Tal e como se aprobou na Asamblea realizada o ano pasado, unha das actividades programadas é a da comida do cocido. Esta comida terá lugar o vindeiro domingo once de marzo no restaurante A Moneda no Cádavo (Baleira) onde podemos saborear o clásico cocido da zona da Fonsagrada.
Non faltará a cachola, a androida, o butelo....¡espectacular!
Animádevos.
Poñeremos autobús para desplazarse, con parada en Castroverde a mediodía, e continuar viaxe hasta o Cádavo. A saída está prevista para as 11:30 h dende a Estación de Autobuses.
O coste da comida + bus é de 15 € para os socios e 25 € para os non socios.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)