martes, 24 de abril de 2012

F.C BARCELONA 1- REAL MADRID 2

O Real Madrid mereceu o triunfo neste gran partido que casi decide o campeonato ligueiro. Controlou o ritmo de xogo en todo momento. Adiantouse no marcador cun gol de Khedira no minuto 17, nunha falta de entendemento entre Valdés e Puyol. Despois durmeu o partido a base de disciplina e orden táctico, sentíndose cómodos en todo momento. Incluso foron capaces de reaccionar cando o Barcelona parecía revivir tras o empate do recén ingresado Alexis, cun rebote despois dunha gran parada de Casillas no minuto 70. Ao final chegou o crack, ese que algúns dicen que non aparece nas citas importantes, e nunha galopada con unha definición implacable, a un pase excelente de Otzil sentenciou o partido no minuto 73'.

Cristiano Ronaldo saleu más fortalecido que nunca no seu duelo particular con Messi, que pasou desapercibido cando máis o necesitaba o seu equipo.

Pep Guardiola foi duramente criticado polo seu plantexamento, ao salir con unha defensa de 3 e poñer na alineación a Alves de extremo que foi incapaz de irse de Coentrao e ao apostar por Tello, a o que a súa xuventude pesoulle máis que nunca. Errou Pep que tampouco soupo axustar hasta que foi demasiado tarde.
En resumen, gran e merecido triunfo de Madrid que deixa ao Barça a 7 puntos con catro partidos en xogo. Gran alegría e prudencia ata que se poida cantar o merecidísimo alirón final.
¡¡¡¡¡¡¡¡HALA MADRID!!!!!!!!!!

domingo, 22 de abril de 2012

RESUMEN VIAXE A MADRID

Xa de volta, despois do viaxe a Madrid para ver o partido contra a Real Sociedad, os nosos socios quedaron encantados co xogo desplegado polo noso equipo que borrou á Real Sociedad do campo e acadou un resultado favorable de 5-1. Bo xogo e espectáculo con goles de Benzema (2), Cristiano Ronaldo (2) e Higuain.

 Nunha situación privilexiada no campo, a Peña vibrou co xogo do Madrid, perfecto na presión, buscando o corpo a corpo, e veloces nas transicións, como xa é habitual no equipo de Mourinho.

Goleada balsámica despois da pérdida de puntos que estaba a desangrar ao noso equipo. O programa do viaxe desenvolveuse según o previsto e despois da chegada a Madrid, a Peña puido disfrutar do ambiente pre-partido dos alrededores do Santiago Bernabeu. Partido, e celebración por todo o alto, para xa o día seguinte coller o autobús e chegar a unha hora "prudente" a Burela.



Xa estamos preparando a seguinte actividade da Peña que vai a ser a Cea-Baile que todos os anos levamos a cabo sobre o mes de maio. Estade atentos á páxina. En breve xa vos informamos.