martes, 17 de noviembre de 2009

PROGRAMA VIAXE PARTIDO R.MADRID-U.D.ALMERIA



Xa temos ultimados os detalles e preparativos do viaxe a Madrid para ver en directo o partido de fútbol R.Madrid-U.D Almería. Igualmente tamén está previsto poder prensenciar (os que así o desexen) o partido de baloncesto entre o R.Madrid e o Valencia Basket. O programa é o seguinte:

- Saída de Burela o sábado día 5 ás 06:30 horas parando a desayunar e comer durante o traxecto.
- Chegada a Madrid, entrada no hotel e reparto de habitacións. (Hotel VillaMadrid de 4 estrelas)
- Traslado ó Santiago Bernabeu para presenciar o partido de fútbol. Á finalización do partido tempo de libre disposición.
- A mañán do domingo día 6 asistiremos a presenciar o encontro de baloncesto entre o Real Madrid e o Basket Valencia.
- Tarde de libre disposición con pernocta no mesmo hotel.
- Saída de Madrid hacia Burela a mañán do luns 7 de decembro (festivo) con parada para comer en ruta.


O coste do viaxe é o seguinte:

- Os que se desplacen sin presenciar os partidos: 60 € noite en habitación doble, é decir, dúas persoas aloxadas en habitación doble pagarían 60 € cada unha polo viaxe. (Inclue viaxe en autobús e dúas noites de hotel con desayuno) (As comidas correrán a cargo de cada un). O coste do viaxe aloxado en habitación doble con uso individual sería 55 € noite. (110 € as dúas noites)
- Os que desexen acudir aos partidos, terían que sumar 60 € pola entrada do fútbol e e 25 € máis pola entrada do basket. O coste das entradas son estimativas, de forma que, si o coste fora inferior, devolveríase o importe resultante durante o traxecto do viaxe.
Os interesados en asistir a este viaxe deberán ingresar na conta da Peña en Caixa Galicia o ingreso correspondente, indicando número de socio así como os datos dos que van a viaxar, especificando número de habitacións e entradas que desexen.
A data tope para facer o ingreso é o 20 de novembro.
Ante calquer dúbida, poñédevos en contacto co teléfono da Peña: 695161321.

P.D.- As fotos que acompañan a entrada, son as fotos de grupo do viaxe do ano pasado a Madrid, donde poidemos disfrutar do partido R.Madrid-Recreativo de Huelva así como do partido de basket entre o R.Madrid e o Gran Canaria.

3 comentarios:

  1. Coincide en moi boas fechas. Penso que o programa está ben. ¿Sabedes os horarios dos partidos?

    ResponderEliminar
  2. Hola. De momento non sabemos os horarios. Sempre se está a expensas da televisión. O partido de fútbol e fixo en sábado, e tal como nos pasou o ano pasado e está pasando ata o momento, ao xogar o fútbol o sábado o partido de basket suele coincidir o domingo as 12:30 (o ano pasado foi así). Estamos á espera de poder confirmalos. En principio é a previsión que temos. Un saudo

    ResponderEliminar
  3. Hola de novo. Xa temos os horarios e o final a cousa non saleu ben de todo. A televisión manda e o partido de basket dada a súa trascendencia emítese pola tv nacional, con concreto pola 2, o domingo as 18:30. (O pasado fin de semana xogou o domingo as 12:30) Eso quere decir que non nos da tempo a velo, así que, ¡mala sorte! interesa máis as pelas da televisión que os aficionados. O basket as 18:30 e o fútbol as 20:00 o mesmo día. ¡tocatelasnarices!
    No viaxe devolveremos os cartos das entradas do basket e propoñeremos una actividad alternativa para a mañán do domingo. Saúdos

    ResponderEliminar