miércoles, 22 de diciembre de 2010
¡¡¡FELICES FESTAS!!!
Un ano máis con todos vosoutros. Un ano máis que disfrutamos do noso equipo e sobre todo que disfrutamos todos xuntos da nosa amistade e compañía unidos por esa pasión común. Nestas datas, toda a directiva desexavos unhas felices festas e un próspero ano novo. Esperamos que disfrutedes en compañía das vosas familias uns días moi especiais e que o próximo ano veña cargadiño de saúde para poder disfrutar de algunha que outra copiña que nos regale o noso equipo.
¡¡¡¡FELICES FESTAS E PROSPERO ANO NOVO!!!!
martes, 16 de noviembre de 2010
VIAXE A MADRID
Hola a todos. Tras a asamblea xeral e tal e como se acordou na mesma, xa temos organizado o viaxe para poder disfrutar do partido Real Madrid- Atletic de Bilbao o próximo sábado 20 de novembro as 22:00 horas.
Como xa se vos informou vía carta ou mail, saliremos o sábado as 6:00 horas con paradas para almorzar e comer en ruta, chegando a Madrid a primeira hora da tardiña.
Estaremos aloxados no hotel Chamartín 4 estrellas, no paseo da Castellana, moi próximo o Estadio Santiago Bernabeu. Tarde libre e a prepararse para disfrutar do espectáculo.
Logo de disfrutar do partido, temos previsto o domingo pola mañán acompañar ao equipo do baloncesto na Caixa Máxica, no partido que disputará frente ao Blancos Rueda Valladolid que vai cuarto na liga ACB xusto detrais do Madrid. Partido máis que interesante.
Como vedes, fin de semán completiño. Novo viaxe da Peña para animar incondicionalmente ao equipo que tan bo papel está desempeñando este ano.
Bo viaxe e a disfrutar
martes, 14 de septiembre de 2010
ASAMBLEA XERAL ORDINARIA
Despois de finalizar a tempada 2009/2010, volve a actividade á Peña. O próximo venres día 17 de setembro todos os socios estades convocados á asamblea xeral ordinaria que terá lugar no Salón de Conferencias do Concello (Antigua Biblioteca) ás 20:00 horas en primeira convocatoria e as 20:30 horas en segunda convocatorias.
Os temas que se van a tratar son os seguintes:
- Lectura e aprobación da acta anterior.
- Información sobre as distintas reunións mantidas co resto de Peñas Madridistas da Mariña.
- Estado de contas.
- Convocatoria de eleccións á xunta directiva.
- Planing para a tempada (desprazamentos, actos festivos, etc)
- Rogos e preguntas.
Dado o interese de todos estos temas para o bo funcionamento da Peña, esperamos á túa asistencia. Grazas a todos. Un saúdo dende a directiva
viernes, 4 de junio de 2010
¡¡BOAS FESTAS!!
Despois da celebración da nosa cea anual, donde este ano estivemos moi ben acompañados en bo ambiente, polas peñas amigas da Mariña (Foz, Viveiro, Xove, Pontenova, Mondoñedo e O Valadouro), disfrutando dun espectacular menú con bailoteo e barra libre incluidos (como decía a maioría dos presentes: "coma unha boda"), entramos xa nas nosas queridas festas patronais (veunos ben o entrenamento do venres pasado para coller ritmo este fin de semán).
Dende a directiva queremos desexarvos unhas felices festas. Abandonade as preocupacións por uns días e disfrutade en compañía de familiares e veciños.
Próximamente abrirei outro "post" para que comentedes que vos pareceu a cea. Tamén colgarei fotos da misma para disfrute "dos mellores momentos da xornada"
O dito, ¡¡¡FELICES FESTAS!!!
jueves, 20 de mayo de 2010
FINAL DE LIGA
Acabouse o que se daba. Tivemos opción hasta o último partido de liga, pero.....o Barça non fallou. Triste final para unha tempada, na que determinados partidos foron tremendamente decisivos (Alcorcón, Lyon e Barça). Marcamos moitos goles, gañamos moitos partidos, fixemos moitos puntos, pero quedámonos sin títulos. Na liga non houbo marxen de error, e os enfrentamentos directos co Barça sentenciaron.
Xa hai que pensar na próxima tempada. Facer unha boa planificación e penso que se lle debía de dar un xiro importante ao tema canteira.
Pero non, nosoutros non nos vamos de vacacións. Xa está á volta da esquina a nosa cea anual e remataremos a tempada coa sardiñada do Castelo, así que....aínda nos quedan "partidos importantes" jeje.
viernes, 7 de mayo de 2010
CEA-BAILE ANUAL
Xa temos ultimados os detalles da Cea-Baile que organizamos cada ano. O lugar donde se vai celebrar vai a ser o Restaurante Louzao. A data e hora, é a do venres 28 de maio ás 22:00 horas (non había dispoñible ningún sábado). Coma sempre, a Peña pon a disposición dos socios un autobús para facilitar o desprazamento que sairá as 21:30 horas da estación de autobuses.
Si estades interesados en acudir, hai que ingresar na conta que a Peña ten en Caixa Galicia (Nº conta 2091-0109-86-3040019865) a cantidade de 30 € para os socios, e 60 € para os non socios. (Por favor anotade no ingreso nº socio ou nome).
A data tope para realizar o ingreso é a do 24 de maio, sendo considerado este ingreso como único xustificante para a reserva, non permitindo rerervas fora do prazo establecido.
Este ano está previsto que acudan á cea as distintas Peñas Madridistas da Mariña.
Para calquer consulta pódedes utilizar este mesmo blog ou ben chamando ó 695161321.
jueves, 6 de mayo de 2010
UN MADRID DE RECORD
Este Madrid estase a convertir nun equipo "devorarecords". Coa victoria en Son Moix o Madrid supera a mellor racha de triunfos consecutivos fora do Bernabeu. Nada máis e nada menos que 9 victorias consecutivas.
Tamén superou outro record máis, o de victorias nunha tempada. Hasta o momento leva 30 victorias (que poden ser máis, quedan dous partidos) superando as 28 que sumou o Madrid 07-08 e o Barça 96-97.
A todo esto temos que añadir que a parella Cristiano Ronaldo-Higuaín xa están na historia do Madrid como a parella de dianteiros más goleadora . Aínda que non finalizou a tempada, o portugués e o arxentino suman 51 goles, superando en dous goles a mítica cifra de 49 alcanzada por Puskas e Di Stéfano na tempada 60-61.
Nin Hugo Sánchez e Butragueño, nin Zamorano e Amavisca, nin Raúl e Morientes, nin Santillana e Juanito, nin Ronaldo e Owen, conseguiron semellantes cifras. Ademáis hai que ter en conta que Cristiano perdeuse 9 partidos de liga.
Con semellantes datos, costa pensar que se nos poda escapar a liga. ¡A polos 98 puntos! ¡HALA MADRID!
jueves, 29 de abril de 2010
INTER- BAYER MUNICH FINAL DA CHAMPIONS NO SANTIAGO BERNABEU
Xa temos final da Champions no Santiago Bernabeu. O Bayer de Munich desfixose sen ningún problema dun Olympique de Lyon que defraudou na súa casa. Pola súa banda o Inter do polémico Mouriño, fixo valer a renta do partido de ida e clasificouse despois de xogar a maior parte do partido do Nou Camp con 10 homes.
Xa deixarán de retumbar os berros de "sí,sí,sí,...nos vamos a Madrid" que se oían dende os octavos de final, así como as a ameazas de celebrar a Champions na Cibeles. Que non se preocupen xa lles mandaremos unha postal.
P.D.- O do Nou Camp si que foi un CHORREO.....Non, non señades mal pensados....¡refírome ao chorreo que lles meteron aos xogadores do Inter cos aspersores ao final do partido! jejeje ¡¡¡mal pensados!!! jejeje
martes, 20 de abril de 2010
ALBUM DE FOTOS
Estamos a introducir novos contidos no noso blog. Un de eles é a creación dunha galería fotográfica que recolla os "grandes" eventos da Peña. Así, podedes atopar un apartado co nome de "GALERÍA FOTOGRÁFICA" no que pouco a pouco iremos descargando fotos. Ao abrir a páxina podedes ir vendo en forma de diapositivas as distintas instantáneas. Si queredes velas ampliadas non tedes máis que clickar sobre calquera de elas e abrirase unha pestaña co album completo. Espero que disfrutedes. Saúdos
martes, 13 de abril de 2010
IDE AFIANDO OS COLMILLOS
Ás moi boas. Sí, sí...ide preparándovos. Na directiva estamos a traballar na organización da cea-baile anual que celebramos todos os anos. Estamos barallando distintas datas para o próximo mes de maio. Así que...sirva esta pequena nota para ir quentando motores.
Non faltará o bo ambiente, algún que outro "animaliño" marino que botarse á boca (podedes apreciar un exemplo na foto da dereita) , e coma non, un pouco de música para ir facendo a dixestión.
Como "aperitivo" colgamos algunha que outra foto da cea celebrada o ano pasado.
Na foto da esquerda tedes unha "panorámica" da "cancha" cos socios preparados antes do inicio do partido.
Nesta foto podedes comprobar o perfecta preparación física no que se encontra o "noso equipo". (Que tome nota Guti and Company)
Nos vos preocupedes....seguimos traballando e....seguiremos informando.
Saúdos dende a directiva
viernes, 9 de abril de 2010
UN NOVO CLASICO
Estamos xa ás portas dun novo clásico do fútbol español. Outro "partido do siglo". O Barça chega cheo de moral, tras vencer na liga ó Atletic de Bilbao e arrasar na champioms cun Messi de "Play Station". Pola nosa banda, temos a un Cristiano Ronaldo inmenso toda a tempada e a un Pipita que se está a revelar como un auténtico crack.
A clave do partido para vencer ó mellor Barça da historia é tratar de ter a posesión da pelota, adiantar no posible as nosas líneas iniciando a presión ben adiante, achicando os espacios.
O Bernabeu ten que seguir sendo un fortín e debemos de dar un golpe na mesa para seguir mirando polo "retrovisor".
¡¡¡A POR ELES!!! ¡¡¡HALA MADRID!!!
viernes, 12 de marzo de 2010
ELIMINADOS
Pasamos un bo rato todos xuntos vendo o R.Madrid co Olympique, hasta que...marcou o Lyon. Tomando uns chiquitos e uns pinchiños (felicitacións para o cortador do xamón, o mellor da noite) a cousa pintaba ben co gol de Cristiano Ronaldo. Pero, en Europa non se pode perdoar, e de gañar holgadamente pasouse a eliminación. Acabousenos a gasolina na segunda parte e a Pellegrini nubláronselle as ideas, despois dos cambios do Lyon no descanso. Guti non está para xogar un partido completo de champions e Kaká non estivo fino (algo xa habitual nesta tempada). Granero desaparecido todo o partido. O fallo de Higuaín condenounos. Mención especial para un Cristiano Ronaldo que mantivo sempre o espíritu madridista.
Para máis Inri, o Madrid de baloncesto tampouco tivo o seu día e perdeu co Maccabi en Vista Alegre. Tocanos o cruce de cuartos co Barça. Esperemos que den máis a talla que nos choques co Barça na Liga e Copa do Rei.
En resumen, tremenda decepción, pero hai que mirar para adiante e seguimos líderes na Liga. ¡Animo!
domingo, 7 de marzo de 2010
¡Ven a ver o partido R.Madrid-O.Lyon!
A Peña vai organizar este vindeiro mércores día 10 de marzo con motivo do encontro de Champions League que vai enfrentar ó Real Madrid co Olimpique de Lyon, un pequeno "agapé" con pinchos variados e bebida gratis para todos os socios da Peña. O lugar elexido é o Bar da Costa (ó lado do Hospital).
Dende a directiva anímamovos a todos os socios a que compartamos unha noite de Champions que de seguro será moi especial, e esperamos celebrar todos xuntos ó pase a seguinte ronda.
Non te olvides, ven pasar un bo rato, en boa compañía con pinchos variados e bebida gratis o próximo mércores 10 de marzo dende as 20:30 no Bar da Costa. Agardámoste.
Un saúdo dende a directiva.
P.D.- Os pinchos non se teñen que corresponder necesariamente cos da foto, jajaja.
martes, 23 de febrero de 2010
EXHIBICIÓN DE CRISTIANO RONALDO
Despois do pírrico partido en Lyon, o Madrid despachouse a gusto co Villareal (6-2). Gran partido de todo o equipo, en todas as líneas, cunha defensa impecable con Arbeloa, Ramos e Albiol perfectos; un centro do campo dominador donde destacou Xavi Alonso e cunha dianteira que tan máis pólvora que o Coyote perseguindo ó Correcaminos.
Mención especial para Cristiano Ronaldo, cun partido completísimo (penso que o mellor partido que fixo hasta o de agora) donde participou en todo o xogo do equipo coa intensidade a que nos ten acostumbrados. Marcou un golazo de falta directa, asistiu a Higuaín e Kaka en dous goles e provocou un penalty, amén de que se desmarcou, driblou,.... Destacar sobre todo, que buscou sempre a mellor opción para o equipo. ¡¡Partidazo!!
Póñovos o video co resumen dos goles, con comentarios "internacionales" ché.
lunes, 22 de febrero de 2010
¡SUPERADAS AS MIL VISITAS!
Empezamos co noso blog alá polo mes de setembro do ano pasado, e nesta corta andaina superamos o millar de visitas á nosa páxina. O noso obxectivo non é máis que acercar as noticias das actividades da nosa Peña, con comentarios, fotos,..... así como á actualidade do noso club, fomentando de esta forma unha nova canle de comunicación con todos os socios.
Dende a directiva queremos agradecer o voso seguimento así como a vosa participación. Queremos tamén animarvos para que aportades á vosa opinión, así como ideas, críticas,....todo o que querades contarnos para contribuir a mellorar a nosa xestión. A Peña somos todos.
Dende aquí, MOITAS GRAZAS.
jueves, 18 de febrero de 2010
QUEDÁMONOS EN TERRA
Efectivamente, quedámonos en terra. Non, non vamos ter problema coa pérdida de maletas. Despois de pecharse o prazo para inscribirse ao viaxe a Tenerife, tal e como vos informamos a través de carta, mail e neste mesmo blog, finalmente o viaxe NON se vai a realizar. Os motivos non son outros que a falta de "efectivos", non da plantilla do Madrid, senón dos socios da Peña. Na comunicación enviada facíase referencia a un cupo mínimo de 25 persoas (eran os necesarios para garantizar uns precios por parte da axencia de viaxes). Finalmente só houbo 8 inscritos, polo que non nos quedou más remedio que cancelar o viaxe.
Como sabedes este viaxe foi acordado e aprobado na reunión anual que se fai por parte da Peña. Na directiva traballamos nas distintas xestións necesarias para facer realidade este viaxe que consideramos que sería bonito realizar pola inquietude que xurdeu na asamblea. É unha mágoa, tanto polo traballo realizado como polo "caché" dun viaxe así.
Para saber un pouco máis das vosas inquietudes, abrimos unha ENQUISA que encontraredes na parte dereita do blog, para recoller o motivo polo que non se pudo facer o viaxe.
Agradecemos de antemán a vosa participación que nos servirá para a organización de futuros viaxes e eventos. Moitas grazas.
lunes, 15 de febrero de 2010
UN BO DÍA DE SAN VALENTIN
Non estivo mal a xornada de San Valentín. O noso Madrid fixo os "deberes" ante o colista nun campo no que resultaba difícil xogar a pelota. O gol fíxose de rogar, pero finalmente Arbeloa "abreu a lata", para posteriormente Ronaldo por partida doble, asegurar un merecido triunfo por 0-3.
O Atlético de Madrid enamorounos no día de San Valentín (eso sí, foi un enamoramento de "conveniencia" jajaja). Esta vez Iturralde non fixo das súas e o Barça deixou os tres puntos no Calderón e apreta a liga. Xa estamos a dous puntos. Dependemos sólo de nós, pero ¡queda moita liga!. Haberá que ir pasiño a pasiño.
De momento mañán martes día 16 partido de Champions frente ó O. Lyon. Esperemos que demos a talla en Europa.
viernes, 5 de febrero de 2010
MAIORES DE IDADE NA CORUÑA
Sí, despois de 18 anos, por fin gañouse na Coruña. Rompeuse o maleficio que nos tiña gafados en Riazor. Gran partido do Madrid, moi serios en todas as líneas e sin notar baixas importantes como a de Cristiano Ronaldo. Seguimos a cinco puntos do líder, a pesar do arbitraxe ao Barça en Xixón. De xuzgado de guardia. Gol de Pedrito en fora de xogo e perdón a Messi nunha entrada a un rival sin opción a xogar a pelota. Bermella clarísima que se quedou nunha simple tarxeta amarela. Non hai máis que ver a cara de Messi cando lle sacaron a amarela. Nin protestou. Veuse aliviado. Si chega a ser Cristiano Ronaldo, aparte de que os once xogadores do Xixón tiraríanse como lobos a yugular do árbitro, éste seguro que o expulsaba. En fin, máis do mesmo, e o que nos queda ata o final da tempada.
Deixovos co video da xenialidad de Guti para que Benzema marcara o segundo gol do Madrid. ¡Para enmarcar!
Deixovos co video da xenialidad de Guti para que Benzema marcara o segundo gol do Madrid. ¡Para enmarcar!
martes, 19 de enero de 2010
VIAXE A TENERIFE
Despois das vacacións de Nadal, xa estamos de volta. Os resultados do noso equipo poideron ser mellores, pero o empate en Pamplona e a derrota co Athletic, póñenos a 5 puntos do Barça. Aínda así queda moita liga, e tempo suficiente para presionar ó Barça.
Xa temos organizado o viaxe a Tenerife para o partido que se celebrará o día 27/28 de febreiro. Via mail ou por correo recibiredes toda a información necesaria. Aínda así, aquí tedes os titulares:
- Saída 25 febreiro desde aeroporto de Asturias(xoves) Chegada 1 marzo (luns)aeroporto de Santiago.
- Precio 390 €/persoa Socios. 440 €/persoa Non socios. No precio vai incluido: Desplazamentos Burela/Oviedo, Santiago/Burela, vuelos Oviedo/Tenerife Sur, Tenerife Sur/Santiago, traslados aeroporto/hotel/aeroporto en Tenerife, estancia de 4 noites en réximen de M.P en Hotel Paradise Park Resort (4 estrelas)en Playa de los Cristianos, traslados en autobús ó partido e seguro básico.
(Abaixo podedes ver unha foto do hotel)
- No precio arriba indicado haberá que sumarlle o precio da entrada do partido si se quere acudir ó mesmo (De momento non se sabe os precios das entradas)
- Os interesados en acudir a este viaxe deben de poñerse en contacto coa Peña, ven por correo electrónico (pmmontecastelo@yahoo.es) ou ben por teléfono 695161321, para facer a reserva, indicando os socios o número de carnet, sendo a data límite o 2 de febreiro.
- Tal e como se quedou na asamblea de setembro, o número mínimo de persoas para facer o viaxe é de 25. Cerrado o prazo, se non se cubre o cupo anularase esta saída, e si se cubre o cupo, poñerémosnos en contacto cos inscritos para facer o ingreso correspondente e aportar a documentación necesaria para os distintos trámites do viaxe.
¿Tomastes nota? Para calquer dúbida estamos á vosa disposición, ben no blog, ben por correo, ou ben por teléfono.
Un saúdo de parte de toda a directiva.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)