jueves, 18 de febrero de 2010

QUEDÁMONOS EN TERRA


Efectivamente, quedámonos en terra. Non, non vamos ter problema coa pérdida de maletas. Despois de pecharse o prazo para inscribirse ao viaxe a Tenerife, tal e como vos informamos a través de carta, mail e neste mesmo blog, finalmente o viaxe NON se vai a realizar. Os motivos non son outros que a falta de "efectivos", non da plantilla do Madrid, senón dos socios da Peña. Na comunicación enviada facíase referencia a un cupo mínimo de 25 persoas (eran os necesarios para garantizar uns precios por parte da axencia de viaxes). Finalmente só houbo 8 inscritos, polo que non nos quedou más remedio que cancelar o viaxe.
Como sabedes este viaxe foi acordado e aprobado na reunión anual que se fai por parte da Peña. Na directiva traballamos nas distintas xestións necesarias para facer realidade este viaxe que consideramos que sería bonito realizar pola inquietude que xurdeu na asamblea. É unha mágoa, tanto polo traballo realizado como polo "caché" dun viaxe así.
Para saber un pouco máis das vosas inquietudes, abrimos unha ENQUISA que encontraredes na parte dereita do blog, para recoller o motivo polo que non se pudo facer o viaxe.
Agradecemos de antemán a vosa participación que nos servirá para a organización de futuros viaxes e eventos. Moitas grazas.

2 comentarios:

  1. Visto el espectaculo que dio el madrid fue una pena no ir. ¡que manita! seguro q disfrutaríamos. hay q seguir, que el barça está dando síntomas de debilidad. ¡a por ellos!

    ResponderEliminar
  2. Sí, foi unha pena non facer o viaxe. Ademáis manita de goles. Ibamos a disfrutar "de lo lindo". A directiva tiña moita ilusión, pero....os que mandan son os socios e, ó final, non houbo xente.
    Esperemos que as próximas actividades teñan máis exito.
    Un saúdo

    ResponderEliminar