martes, 23 de febrero de 2010

EXHIBICIÓN DE CRISTIANO RONALDO


Despois do pírrico partido en Lyon, o Madrid despachouse a gusto co Villareal (6-2). Gran partido de todo o equipo, en todas as líneas, cunha defensa impecable con Arbeloa, Ramos e Albiol perfectos; un centro do campo dominador donde destacou Xavi Alonso e cunha dianteira que tan máis pólvora que o Coyote perseguindo ó Correcaminos.
Mención especial para Cristiano Ronaldo, cun partido completísimo (penso que o mellor partido que fixo hasta o de agora) donde participou en todo o xogo do equipo coa intensidade a que nos ten acostumbrados. Marcou un golazo de falta directa, asistiu a Higuaín e Kaka en dous goles e provocou un penalty, amén de que se desmarcou, driblou,.... Destacar sobre todo, que buscou sempre a mellor opción para o equipo. ¡¡Partidazo!!
Póñovos o video co resumen dos goles, con comentarios "internacionales" ché.

lunes, 22 de febrero de 2010

¡SUPERADAS AS MIL VISITAS!



Empezamos co noso blog alá polo mes de setembro do ano pasado, e nesta corta andaina superamos o millar de visitas á nosa páxina. O noso obxectivo non é máis que acercar as noticias das actividades da nosa Peña, con comentarios, fotos,..... así como á actualidade do noso club, fomentando de esta forma unha nova canle de comunicación con todos os socios.

Dende a directiva queremos agradecer o voso seguimento así como a vosa participación. Queremos tamén animarvos para que aportades á vosa opinión, así como ideas, críticas,....todo o que querades contarnos para contribuir a mellorar a nosa xestión. A Peña somos todos.

Dende aquí, MOITAS GRAZAS.

jueves, 18 de febrero de 2010

QUEDÁMONOS EN TERRA


Efectivamente, quedámonos en terra. Non, non vamos ter problema coa pérdida de maletas. Despois de pecharse o prazo para inscribirse ao viaxe a Tenerife, tal e como vos informamos a través de carta, mail e neste mesmo blog, finalmente o viaxe NON se vai a realizar. Os motivos non son outros que a falta de "efectivos", non da plantilla do Madrid, senón dos socios da Peña. Na comunicación enviada facíase referencia a un cupo mínimo de 25 persoas (eran os necesarios para garantizar uns precios por parte da axencia de viaxes). Finalmente só houbo 8 inscritos, polo que non nos quedou más remedio que cancelar o viaxe.
Como sabedes este viaxe foi acordado e aprobado na reunión anual que se fai por parte da Peña. Na directiva traballamos nas distintas xestións necesarias para facer realidade este viaxe que consideramos que sería bonito realizar pola inquietude que xurdeu na asamblea. É unha mágoa, tanto polo traballo realizado como polo "caché" dun viaxe así.
Para saber un pouco máis das vosas inquietudes, abrimos unha ENQUISA que encontraredes na parte dereita do blog, para recoller o motivo polo que non se pudo facer o viaxe.
Agradecemos de antemán a vosa participación que nos servirá para a organización de futuros viaxes e eventos. Moitas grazas.

lunes, 15 de febrero de 2010

UN BO DÍA DE SAN VALENTIN


Non estivo mal a xornada de San Valentín. O noso Madrid fixo os "deberes" ante o colista nun campo no que resultaba difícil xogar a pelota. O gol fíxose de rogar, pero finalmente Arbeloa "abreu a lata", para posteriormente Ronaldo por partida doble, asegurar un merecido triunfo por 0-3.
O Atlético de Madrid enamorounos no día de San Valentín (eso sí, foi un enamoramento de "conveniencia" jajaja). Esta vez Iturralde non fixo das súas e o Barça deixou os tres puntos no Calderón e apreta a liga. Xa estamos a dous puntos. Dependemos sólo de nós, pero ¡queda moita liga!. Haberá que ir pasiño a pasiño.
De momento mañán martes día 16 partido de Champions frente ó O. Lyon. Esperemos que demos a talla en Europa.

viernes, 5 de febrero de 2010

MAIORES DE IDADE NA CORUÑA

Sí, despois de 18 anos, por fin gañouse na Coruña. Rompeuse o maleficio que nos tiña gafados en Riazor. Gran partido do Madrid, moi serios en todas as líneas e sin notar baixas importantes como a de Cristiano Ronaldo. Seguimos a cinco puntos do líder, a pesar do arbitraxe ao Barça en Xixón. De xuzgado de guardia. Gol de Pedrito en fora de xogo e perdón a Messi nunha entrada a un rival sin opción a xogar a pelota. Bermella clarísima que se quedou nunha simple tarxeta amarela. Non hai máis que ver a cara de Messi cando lle sacaron a amarela. Nin protestou. Veuse aliviado. Si chega a ser Cristiano Ronaldo, aparte de que os once xogadores do Xixón tiraríanse como lobos a yugular do árbitro, éste seguro que o expulsaba. En fin, máis do mesmo, e o que nos queda ata o final da tempada.
Deixovos co video da xenialidad de Guti para que Benzema marcara o segundo gol do Madrid. ¡Para enmarcar!