miércoles, 28 de octubre de 2009
VERGÜENZA
Non, non é un titular sensacionalista. Este término foi utilizado polo propio Pellegrini para definir a derrota sufrida por 4 a 0 no campo de Alcorcón. Seguro que se poden sumar moitos calificativos a semellante humillación. Entre outros o de inxustificable.
Unha pincelada: dos catro goles marcados polo Alcorcón, un foi en propia meta marcado por Arberloa, e os outros tres foron marcados por ¡¡ex-madridistas!!, dous por Borja e outro por un tal Ernesto ao cal lle deu Michel a carta de libertade.
Engadir un detalliño, mentras os xogadores do Madrid, o día antes do partido, estaban recollendo os seus flamantes Audis, (seguro que tiveron moito estres escollendo o modelo e o color) a maioría dos xogadores do Alcorcón estaban dando o callo nos seus postos de traballo como calquer fillo de veciño.
Queda o partido no Bernabeú e esperemos que lle den a volta á eliminatoria xa que caer por segundo ano consecutivo cun segunda B na Copa non e digno dun equipo como o Real Madrid.
viernes, 23 de octubre de 2009
¡¡ESPECTACULAR!!
Aínda que o xogo do noso equipo de momento non é para tirar cohetes, a que sí foi espectacular é a cea anual da Peña deste ano. Un auténtico tiki-taka, no que había que estar moi atento para non perderse na cantidade de platos servidos polo Restaurante Louzao.
O inicio do partido foi trepidante entre percebes, camarón e navallas. Unha vez plenamente asentado o equipo no campo, nun tuvo problemas para "torear" ás langostas e lubrigantes ben aguerridos, que non daban cuartel multiplicándose por todas as mesas. Hai que reconocer a exquisito control táctico que mostramos en todo momento.
Logo xa empezaron as famosas "rotacións" para facer frente ó rape, reservándose moitos para o último cuarto, cun entrecot "no seu punto" realmente inconmensurable. Fixo falta durante todo o match, hidratar adecuadamente á plantilla. Os entrenadores "físicos" recomendaron un excelente albariño Terras Gauda e un Rioxa soberbio, que proporcionaron un aguante excepcional hasta o pitido final.
No tempo de prolongación, exercicios de "estiramento" acompañados pola orquesta, con continuos avituallamentos no mostrador da "barra libre".
Todo estivo perfectamente organizado, hasta o punto de que para evitar "os controis antidoping", o autobús levou ós nosos cracks entre algodóns de volta á casa.
As crónicas posteriores ó partido calificaron de 10 o rendimento de toda a plantilla da Peña Madridista, cun estado de forma óptimo para a realización de este tipo de eventos, ejem, "deportivos".
lunes, 19 de octubre de 2009
O CAPITAN...DE RECORD
Ahí o temos. O capitán segue incrementando currículum. Segue xerando debate. Él suma e segue. Que si titular, que si reserva, que si se debe retirar. Mentras todo o mundo entra no debate él aumenta á sua lenda.
Esta vez bateu o record de partidos oficiais co Real Madrid (711 partidos) que tiña Sanchís con 710. Sanchís conseguiuno tras 18 anos no clube (1983-2001) mentras que Raúl tras quince anos, e decir, tres anos menos (1994-2009). E nada mellor que tras recibir o trofeo conmemorativo de máns de Florentino e Valdano, marcar un par de goliños marca da casa ó Valladolid.
O debate segue ahí...pero os seus números tamén. E eses números si que son difíciles de debatir. Xa é en activo, todo unha lenda do noso clube.
sábado, 10 de octubre de 2009
RICO, RICO, RICO
Din que Pellegrini non atopa aínda o estilo de xogo adecuado para o Madrid. Na nosa Peña, témolo clarísimo. O "estilo de xogo" Arguiñano triunfa na Peña. Non hai más que ver a boa pinta que tiña a sardiña e o chicharro, na última actividade que se programou, para darlle a despedida a tempada do ano pasado. Tampouco faltaron os chourizos e a panceta, regados con viño e cerveza. Algún acabou cunha boa panzada.
O tempo acompañou e o "campo" estaba en perfecto estado para poñer en práctica todo o "potencial culinario" dos nosos socios, ¡uns auténticos "cracks"!.
Moi bo ambiente para unha xornada cinco estrelas.
martes, 6 de octubre de 2009
1º VIAXE DA TEMPADA: REAL MADRID-ALMERIA
Informamos a todos socios que non puideron acudir á asamblea do 18 de setembro, que tal e como quedou ratificado na mesma, o primer viaxe programado para esta tempada é para ver o encontro Real Madrid-Almería o próximo 5 de decembro no Santiago Bernabeu. O partido cae en sábado xa que o Madrid xoga champions o martes seguinte. Ademáis o luns 7 e o martes 8 son festivos. Na directiva estamos traballando na organización de este viaxe. Cando teñamos pechada a programación, así como o coste do mesmo, informarémosvos puntualmente tanto por carta como a través de este blog.
Xa sabedes, por si tedes que ir organizando as vosas datas, ¡viaxe a madrid o fin de semana da festividade da Constitución! ¡HALA MADRID!
domingo, 4 de octubre de 2009
RESULTADOS ENQUISA MELLOR FICHAXE
Xa temos resultados da enquisa feita no blog sobre cal pensades que é o mellor fichaxe da tempada. A votación estivo moi apretada, entre Cristiano Ronaldo e Kaká (tanto monta, monta tanto) gañando por un voto KAKÁ. Os resultados en porcentaxe foron os seguintes:
- Kaká: 37 % dos votos.
- Cristiano Ronaldo: 33 % dos votos.
- Xavi Alonso: 20 % dos votos.
- Benzema: 4% dos votos.
- Granero: 4% dos votos.
Veremos ó longo da tempada cal será o rendimento de cada un deles. De momento están cumplindo con nota, non cabe dúbida de que están sendo determinantes en cada xornada.
Ó final da tempada faremos unha enquisa final para evaluar o rendimento dos nosos cracks.
Grazas pola vosa participación.
jueves, 1 de octubre de 2009
RESUMEN GOLES REAL MADRID-OLYMPIQUE MARSELLA
Resumen dos goles do partido de Champion contra o Olympique de Marsella. Non vos perdades os comentarios en portugués-canarinho. Seguimos intratables. Pleno de victorias en Liga e Champions.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)