martes, 22 de diciembre de 2009
¡¡¡¡BO NADAL!!!!
Dende este blog toda a directiva da Peña Madridista Monte Castelo quere desexarche unhas felices festas de nadal. Que disfrutedes de estes días en compañía dos vosos seres queridos. A nosa felicitación para toda a "familia madridista". ¡¡¡BO NADAL!!!
jueves, 17 de diciembre de 2009
VIAXE REAL MADRID-U.D.ALMERIA (2ªPARTE)
Xa estamos de volta coa segunda parte do viaxe a Madrid. Fíxose de rogar pero finalmente vamos repasar o resto do noso viaxe. Despois do partido do sabado, cada un dispuxo de tempo libre para poder disfrutar da noite de Madrid. Algún de nós topánonos con Michael Robinson e Carlos Martínez de Canal Plus, que saían de retransmitir o partido. Tamén como podedes ver na foto, atopamos a Tomás Roncero, madridista de pro, que de "bo rollito" sacouse unha foto con algún que outro.
Ao día seguinte, e despois de un bo almorzo buffet no hotel VillaMadrid, parte da expedición dirixiuse ao Bernabeu para disfrutar do Tour do Bernabeu; mentras a outra parte, foi a Valdebebas a presenciar o partido do Real Madrid Castilla coa Universidade das Palmas.
Tanto uns como outros, disfrutamos "de lo lindo". No tour do Bernabeu, colas para poder entrar, pero mereceu a pena. Tres horas estivemos de tour. ¿Qué contarvos? Subimos para ver a panorámica do campo: ¡impresionante!.
No cespede, grandes "lámparas" para cuidar o campo. Así estaba como unha alfombra.(Na foto podedes ver unha panoramica dende o palco, ¡que ben se estaba naquelas butacas!).
Pasamos por distintas zonas donde disfrutamos tanto das copas (será por copas ehhhhh,tal e como podedes ver na foto, jajaja,) así como de grandes momentos da historia do club. Todos os que fumos fotografiamonos coa Copa de Europa e algún que outro con Cristiano Ronaldo, jejeje.
Logo pasamos polo palco, banquillos, tunel, vestuarios (un gustazo o do jacuzzi, lástima de non darnos un chapuzón), sala de prensa e finalmente tienda do Bernabeu, onde tamén caeu algunha que outra compriña. (Na imaxe foto da sala de prensa)
Os de Valdebebas disfrutaron da victoria por 3-2 do Castilla, nun partido moi bonito, onde os futuros cracks demostraron ás súas cualidades. Penso que hai que mirar algo máis para a canteira ahora que Pepe está lesionado.
Pola tarde, a maioría disfrutou do encanto turístico da capital sendo o centro a zona máis visitada. As rúas cheas a reventar donde se respiraba un ambiente navideño.
Xa o luns, e despois de outro copioso almorzo buffet, arrancamos para Burela, con parada na Bañeza onde comimos estupendamente lareando sobre as diversas incidencias do viaxe.
Xa estamos preparando o seguinte viaxe. Hai bastante expectación para ir a Tenerife. Coma sempre, xa vos iremos informando. De momento, bo sabor de boca do viaxe a Madrid. Un saúdo para todos.
miércoles, 9 de diciembre de 2009
VIAXE REAL MADRID- U.D.ALMERIA (1ª PARTE)
Xa estamos de volta. Despois de tres días vividos intensamente na capital, tráiovos o caderno de bitácora do noso viaxe.
Cunha puntualidade británica saimos as 6:30 horas camiño de Madrid. Parada obligada para almorzar (desayunar) en Vega de Valcarcel. As 13:45 xa estábamos en Villacastín para comer. Comida e chupitiño para ir preparando ó ambiente do partido. As 16:30 horas chegada ó hotel VillaMadrid e reparto de habitacións. Aquí nos podedes ver no exterior do hotel.
Pequeno descanso e ¡listos para ir o Santiago Bernabeu!. Un par de horas antes do partido xa estábamos vivindo ó previo nos aledaños do Estadio. Hai que decir que o tempo acompañou en todo momento e por sorte, non nos choveu. Gran ambiente e un continuo ir e vir de xente. A tenda do Madrid chea a reventar.
Despois de ataviarnos adecuadamente, entrada no Bernabeu. Subimos as escaleiras, entramos na grada e, ós nosos pes...¡impresionante vista do campo dende os nosos asientos no 3º anfiteatro lateral este!. Chama a atención o especial cuidado do céspede, unha verdadeira alfombra
Estábamos ansiosos de que comenzara o partido. E comezou....o Madrid en tromba. Catro ocasións en apenas dez minutos que facía que apenas estiveramos sentados nos nosos asientos.
O Madrid desbordaba e o Almería aguantaba o chaparrón a espera de algún contraataque. Tanta presión que ó final o gol chegou. Cambio de xogo a Cristiano que ohhhhhhhhhhh, fai un control de fábula, centro milimétrico e gran remate de Sergio Ramos, ¡¡¡¡GOLLLLLLLLLLLLLLLLL!!!!. Abrazos, berros, saltos, ¡emoción desbordante!. O Madrid estaba xogando ben e creando ocasións, e nós disfrutando como enanos. Descanso e a recargar pilas para a segunda parte que foi de infarto.
O partido parecía controlado, pero dous zarpazos do Almería e...dous goles que enmudeceron o Santiago Bernabeu e que nos deixaron con cara de tontos. Uffff. Pasámolo un pouco mal, pero enseguida chegou Pipita o salvador, para recortar na área e de rosca marcar un golazo, ¡¡¡¡GOLLLLLLLLLLL!!! e o estadio ruxía convencido da remontada. Deseguido o penalty a Ronaldo e a locura na grada da Peña.
Tira Ronaldo e....ohhhhh, ¡falla! pero ahí estaba Benzema para fusilar a portería do Almería, ¡¡¡¡GOLLL, GOLLLL, GOLLLLLL!!!!. A foto recolle o momento en que o porteiro adiviña a dirección do balón. Pódese apreciar como Benzema está lixeiramente adiantado, pero tamén se comproba como había un xogador do Almería na parte dereita dentro da área. En todo caso habría que repetilo.
Ufffff, ¡que emoción!. A algún deulle algunha que outra taquicardia, jajaja. A verdade e que sabe ben remontar un partido co Bernabeu volcado. Ao final, galopada do Pipita pola banda, centro medido, e as gradas véñense abaixo, ¡¡¡¡GOLL, GOLLL, GOLLL de Cristiano!!! que se quita a espiña de fallar o penalty.
Non só nosoutros berramos emocionados. Tamén o fixo Ronaldo que se gañou a tarxeta amarela por quitarse a camiseta e mostrar a súa musculatura. Foi o único lunar do partido, xa que foi expulsado por dar unha patada a un contrario sen balón. Era de bermella directa pero o árbitro perdonoulle. O marcador mostra o resultado final 4-2 e todos contentos polo espectáculo presenciado.
Hasta aquí a primeira entrega do noso primer viaxe da tempada. Segunda entrega próximamente nas entradas do blog. jaja. Saúdos.

jueves, 3 de diciembre de 2009
PREPARANDO AS MALETAS
Hai que ir preparando as maletas. Como xa informamos, este fin de semana festivo a Peña vai facer o seu primer viaxe da tempada a Madrid. O autobús salirá da estación de autobuses as 06:30 horas (dígoo por si alguen quere vir a despedirnos, jajaja). Comeremos xa cerquiña de Madrid, para a continuación deixar as maletas no hotel Villamadrid **** e dirixirnos ó Santiago Bernabeu para vivir o ambiente do choque. O partido é as 20 horas.
Ao final a nosa programación "torceuse", xa que as televisións mandan, e o partido de basket ao que tiñamos pensado asistir é televisado pola 2 as 18:30 horas do sábado. Unha mágoa. Xoga o Madrid 1º da liga contra o Valencia 3º. Gran partido e por eso a pesar de xogar o equipo de fútbol o mesmo día, os intereses televisivos impóñense.
O domingo pola mañán, programaremos unha nova actividade (barallamos a opción do Tour do Bernabeu ou ben visita a Valdebebas) para "emborracharnos do espíritu blanco" jajaja. Tarde de libre disposición para xa o luns despois de pernoctar no hotel, emprender o viaxe de volta a Burela.
Fin de semana que promete. O ambiente está asegurado e ahí estaremos para animar ó noso equipo. ¡¡HALA MADRID!!
lunes, 30 de noviembre de 2009
O "CLASICO" PARA O BARÇA
Así foi, tras un bo encontro do Real Madrid, o gol de Ibrahimovic decideu. Por fin vimos a un Madrid serio, coas ideas claras e ben situado no campo. O Barça non foi capaz de desenvolver o seu xogo e as accións puntuais decidiron o derby. O Madrid tivo as súas opcións nunha gran primeira parte, pero Cristiano perdonou igual que fixera Drenthe o ano pasado. O Barça non foi ese superequipo que se esperaba e o Madrid demostrou que por algo era o líder da liga. Criticaban ó Madrid porque ganaba sin convencer, pero cando o Barça gana tamén sin convencer non pasa nada, dín que o importante nestes partidos é ganar. Basta decir que acabaron pedindo a hora, perdendo tempo nun corner e que o mellor do Barça non foi Messi, nin Xavi, nin Iniesta, non, o mellor foi Puyol.
Seguimos ahí, sólo nos queda esperar que o próximo fin de semana que vamos a Madrid, faigan un bo partido e disfrutemos co xogo do equipo. ¡Hala Madrid!
lunes, 23 de noviembre de 2009
¡¡LIDERES ANTES DO DERBY!!
Tras a pírrica victoria diante do Racing de Santander por 1-0 e o empate do Barça en Bilbao, o Real Madrid colócase de líder previa a visita ó Nou Camp. Así como sona, con un entrenador e un xogo cuestionado, tras once xornadas, o Madrid acaba de firmar o seu mellor arranque ligueiro dos últimos ¡¡¡¡¡17 anos!!!!!!. (Cando empecemos a xogar a liga non vai ter color, jajaja).
Dicen que as estadísticas non enganan. Así o Real Madrid alcanza 28 puntos de 33 posibles, é o segundo equipo máis goleador da categoría con 27 tantos, dous menos que o Barcelona, sendo o equipo que menos tantos recibe, 8 (empatado con Barcelona e Sevilla). Hai que recordar tamén que gañou TODOS os partidos xogados no Santiago Bernabeu. Seis partidos e pleno de victorias, con 18 tantos a favor e 4 en contra.
Máis datos: Na última liga conquistada polo Madrid, con Bernd Schuster como técnico na tempada 2007-2008, a estas alturas de tempada sumaban 25 puntos, tres menos que na actualiadade, e os números de goles a favor e en contra tamén eran peores (25 marcados polos 27 actuais e 9 encaixados polos 8 actuais).
A todos estos datos aférrase (de momento) Pellegrini. Visto así ¡razón non lle falta!. Esperemos que no viaxe da Peña podamos disfrutar de outra victoria e de un mellor xogo.
martes, 17 de noviembre de 2009
PROGRAMA VIAXE PARTIDO R.MADRID-U.D.ALMERIA
Xa temos ultimados os detalles e preparativos do viaxe a Madrid para ver en directo o partido de fútbol R.Madrid-U.D Almería. Igualmente tamén está previsto poder prensenciar (os que así o desexen) o partido de baloncesto entre o R.Madrid e o Valencia Basket. O programa é o seguinte:
- Saída de Burela o sábado día 5 ás 06:30 horas parando a desayunar e comer durante o traxecto.
- Chegada a Madrid, entrada no hotel e reparto de habitacións. (Hotel VillaMadrid de 4 estrelas)
- Traslado ó Santiago Bernabeu para presenciar o partido de fútbol. Á finalización do partido tempo de libre disposición.
- A mañán do domingo día 6 asistiremos a presenciar o encontro de baloncesto entre o Real Madrid e o Basket Valencia.
- Tarde de libre disposición con pernocta no mesmo hotel.
- Saída de Madrid hacia Burela a mañán do luns 7 de decembro (festivo) con parada para comer en ruta.
O coste do viaxe é o seguinte:
- Os que se desplacen sin presenciar os partidos: 60 € noite en habitación doble, é decir, dúas persoas aloxadas en habitación doble pagarían 60 € cada unha polo viaxe. (Inclue viaxe en autobús e dúas noites de hotel con desayuno) (As comidas correrán a cargo de cada un). O coste do viaxe aloxado en habitación doble con uso individual sería 55 € noite. (110 € as dúas noites)
- Os que desexen acudir aos partidos, terían que sumar 60 € pola entrada do fútbol e e 25 € máis pola entrada do basket. O coste das entradas son estimativas, de forma que, si o coste fora inferior, devolveríase o importe resultante durante o traxecto do viaxe.
Os interesados en asistir a este viaxe deberán ingresar na conta da Peña en Caixa Galicia o ingreso correspondente, indicando número de socio así como os datos dos que van a viaxar, especificando número de habitacións e entradas que desexen.
A data tope para facer o ingreso é o 20 de novembro.
Ante calquer dúbida, poñédevos en contacto co teléfono da Peña: 695161321.
P.D.- As fotos que acompañan a entrada, son as fotos de grupo do viaxe do ano pasado a Madrid, donde poidemos disfrutar do partido R.Madrid-Recreativo de Huelva así como do partido de basket entre o R.Madrid e o Gran Canaria.
PARA ABRIR BOCA.....
Efectivamente, para abrir boca co próximo viaxe que a Peña vai facer a Madrid, a continuación móstrovos un pequeno dossier de fotografías do viaxe do ano pasado. Ah, e que conste que houbo "censura" xa que non me deixaron publicar a "galería" de bellos durmientes do autobús, jejeje.
Espero que vos gusten e seguro que este ano nos superamos. Un saúdo
Vista do Santiago Bernabeú dende a nosa situación ¡Impresionante ambiente! O campo cheo a reventar.
A ras de campo, sentíamos o alento dos xogadores, como os berros de ánimo de Raúl porque o gol non chegaba. Todo un luxo ver tan de cerca a calidade técnica e física de algún dos nosos xogadores.
E por fin chegou o gol. Foi un tiro de Sneijder imparable. A foto recolle o momento da celebración mesmo na portería donde estábamos situados. Algún saleu na foto do Marca o día seguinte, jejeje.
Tamén nos levamos un pequeno susto. Higuaín retorcíase de dor. Todo apuntaba a unha lesión grave, pero por sorte o final non foi tanto. Esguince e unha semaniña de baixa. A verdade e que non pintaba ben.
O resultado ó final 1-0. Schuster salvou a cabeza pero por pouco tempo. Enseguida chegaría Juande Ramos.
Tivemos a sorte de poder ver no Palacio Vista Alegre ó Madrid de basket. Gran espectáculo co Gran Canaria. Partido no que os ataques impuxéronse as defensas, e onde Felipe Reyes e LLul deron un recital. ¡Unha delicia!
P.D. Na próxima entrada coa información do viaxe publicarei un par de fotos do grupo. Saúdos

miércoles, 11 de noviembre de 2009
SIN PERDON
Así era o título de aquel famoso "western" fantásticamente dirixido por Clint Eastwood e así acaba a Copa para o Madrid: Sin perdón de Dios. Había que chamar ó propio Clint para que fixera de pistolero como na famosa saga de "Harry el sucio" e repartira "tiros" a diestro y siniestro.
En fin, consumouse o esperado. Non houbo milagro. Tampouco hai triplete e seguimos sin Copa. Xa van 17 anos, sí, sí, ¡17 anos que o Madrid non gaña a Copa do Rei!. Si xa se fixo o ridículo no campo do Alcorcón, onte no Santiago Bernabeu o equipo superouse. Pitadas, pañolada, berros de Pellegrini dimisión, berros a favor de Guti, o Alcorcón despedido con aplausos, e algo que doe na alma: o propio Madrid toreado polo Alcorcón a ritmo de olés.
Nin pes ni cabeza, fora da copa con un resultado global de 4 a 1. O equipo sin ideas. Sin xogo polas bandas (Alberloa e Lass de laterales), sin xogo creador (Gago e Diarrá) no centro do campo. O equipo xogou "plano" sin creatividade. Na dianteira, a terceira idade (Raúl e Van Nistelrooy) foi superada en todo o momento pola defensa. Basta decir que os mellores minutos foron cando saleu ¡Van der Vaart!.
Cun equipo de internacionales (todos, todos os que xogaron son internacionales polos seus países) e uns sueldos "galácticos" que manterían o presuposto do Alcorcón de por vida, o Madrid volveu a dar unha imaxe bochornosa diante de ¡¡¡75.000!! persoas.
(Non sigo se me revolve o estómago)
viernes, 6 de noviembre de 2009
CALMA DESPOIS DA TEMPESTADE
Despois do porrazo co Alcorcón, parece que as augas volven ó seu cauce. O noso equipo conseguiu unha meritoria victoria co Xetafe xogando casi todo a partido con 10. Logo en Milán, deixou unha boa imaxe aínda que non soupo dar a estocada no primer tempo. Aínda así, o equipo non pasou por grandes agobios.
Esperemos que o xogo do equipo siga mellorando, e se mostre como un equipo compacto e sin fisuras.
Cara á nosa visita a Madrid o no fin de semana do 5 de decembro, hai unha nova non moi boa. Como xa saberedes, non poderemos gozar coa presenza de Cristiano no campo. Desde que se lesionou a eficacia do equipo baixou de forma alarmante. Esperemos que se recupere pronto e nos poida dar moitas alegrías
miércoles, 28 de octubre de 2009
VERGÜENZA
Non, non é un titular sensacionalista. Este término foi utilizado polo propio Pellegrini para definir a derrota sufrida por 4 a 0 no campo de Alcorcón. Seguro que se poden sumar moitos calificativos a semellante humillación. Entre outros o de inxustificable.
Unha pincelada: dos catro goles marcados polo Alcorcón, un foi en propia meta marcado por Arberloa, e os outros tres foron marcados por ¡¡ex-madridistas!!, dous por Borja e outro por un tal Ernesto ao cal lle deu Michel a carta de libertade.
Engadir un detalliño, mentras os xogadores do Madrid, o día antes do partido, estaban recollendo os seus flamantes Audis, (seguro que tiveron moito estres escollendo o modelo e o color) a maioría dos xogadores do Alcorcón estaban dando o callo nos seus postos de traballo como calquer fillo de veciño.
Queda o partido no Bernabeú e esperemos que lle den a volta á eliminatoria xa que caer por segundo ano consecutivo cun segunda B na Copa non e digno dun equipo como o Real Madrid.
viernes, 23 de octubre de 2009
¡¡ESPECTACULAR!!
Aínda que o xogo do noso equipo de momento non é para tirar cohetes, a que sí foi espectacular é a cea anual da Peña deste ano. Un auténtico tiki-taka, no que había que estar moi atento para non perderse na cantidade de platos servidos polo Restaurante Louzao.
O inicio do partido foi trepidante entre percebes, camarón e navallas. Unha vez plenamente asentado o equipo no campo, nun tuvo problemas para "torear" ás langostas e lubrigantes ben aguerridos, que non daban cuartel multiplicándose por todas as mesas. Hai que reconocer a exquisito control táctico que mostramos en todo momento.
Logo xa empezaron as famosas "rotacións" para facer frente ó rape, reservándose moitos para o último cuarto, cun entrecot "no seu punto" realmente inconmensurable. Fixo falta durante todo o match, hidratar adecuadamente á plantilla. Os entrenadores "físicos" recomendaron un excelente albariño Terras Gauda e un Rioxa soberbio, que proporcionaron un aguante excepcional hasta o pitido final.
No tempo de prolongación, exercicios de "estiramento" acompañados pola orquesta, con continuos avituallamentos no mostrador da "barra libre".
Todo estivo perfectamente organizado, hasta o punto de que para evitar "os controis antidoping", o autobús levou ós nosos cracks entre algodóns de volta á casa.
As crónicas posteriores ó partido calificaron de 10 o rendimento de toda a plantilla da Peña Madridista, cun estado de forma óptimo para a realización de este tipo de eventos, ejem, "deportivos".
lunes, 19 de octubre de 2009
O CAPITAN...DE RECORD
Ahí o temos. O capitán segue incrementando currículum. Segue xerando debate. Él suma e segue. Que si titular, que si reserva, que si se debe retirar. Mentras todo o mundo entra no debate él aumenta á sua lenda.
Esta vez bateu o record de partidos oficiais co Real Madrid (711 partidos) que tiña Sanchís con 710. Sanchís conseguiuno tras 18 anos no clube (1983-2001) mentras que Raúl tras quince anos, e decir, tres anos menos (1994-2009). E nada mellor que tras recibir o trofeo conmemorativo de máns de Florentino e Valdano, marcar un par de goliños marca da casa ó Valladolid.
O debate segue ahí...pero os seus números tamén. E eses números si que son difíciles de debatir. Xa é en activo, todo unha lenda do noso clube.
sábado, 10 de octubre de 2009
RICO, RICO, RICO
Din que Pellegrini non atopa aínda o estilo de xogo adecuado para o Madrid. Na nosa Peña, témolo clarísimo. O "estilo de xogo" Arguiñano triunfa na Peña. Non hai más que ver a boa pinta que tiña a sardiña e o chicharro, na última actividade que se programou, para darlle a despedida a tempada do ano pasado. Tampouco faltaron os chourizos e a panceta, regados con viño e cerveza. Algún acabou cunha boa panzada.
O tempo acompañou e o "campo" estaba en perfecto estado para poñer en práctica todo o "potencial culinario" dos nosos socios, ¡uns auténticos "cracks"!.
Moi bo ambiente para unha xornada cinco estrelas.
martes, 6 de octubre de 2009
1º VIAXE DA TEMPADA: REAL MADRID-ALMERIA
Informamos a todos socios que non puideron acudir á asamblea do 18 de setembro, que tal e como quedou ratificado na mesma, o primer viaxe programado para esta tempada é para ver o encontro Real Madrid-Almería o próximo 5 de decembro no Santiago Bernabeu. O partido cae en sábado xa que o Madrid xoga champions o martes seguinte. Ademáis o luns 7 e o martes 8 son festivos. Na directiva estamos traballando na organización de este viaxe. Cando teñamos pechada a programación, así como o coste do mesmo, informarémosvos puntualmente tanto por carta como a través de este blog.
Xa sabedes, por si tedes que ir organizando as vosas datas, ¡viaxe a madrid o fin de semana da festividade da Constitución! ¡HALA MADRID!
domingo, 4 de octubre de 2009
RESULTADOS ENQUISA MELLOR FICHAXE
Xa temos resultados da enquisa feita no blog sobre cal pensades que é o mellor fichaxe da tempada. A votación estivo moi apretada, entre Cristiano Ronaldo e Kaká (tanto monta, monta tanto) gañando por un voto KAKÁ. Os resultados en porcentaxe foron os seguintes:
- Kaká: 37 % dos votos.
- Cristiano Ronaldo: 33 % dos votos.
- Xavi Alonso: 20 % dos votos.
- Benzema: 4% dos votos.
- Granero: 4% dos votos.
Veremos ó longo da tempada cal será o rendimento de cada un deles. De momento están cumplindo con nota, non cabe dúbida de que están sendo determinantes en cada xornada.
Ó final da tempada faremos unha enquisa final para evaluar o rendimento dos nosos cracks.
Grazas pola vosa participación.
jueves, 1 de octubre de 2009
RESUMEN GOLES REAL MADRID-OLYMPIQUE MARSELLA
Resumen dos goles do partido de Champion contra o Olympique de Marsella. Non vos perdades os comentarios en portugués-canarinho. Seguimos intratables. Pleno de victorias en Liga e Champions.
martes, 29 de septiembre de 2009
viernes, 25 de septiembre de 2009
LOTERIA DO NADAL
Xa temos á venta a lotería de nadal da Peña. O número e o mesmo que o do ano pasado: 50.815. As participacións son de 5 €. Dende a directiva queremos solicitar a vosa colaboración na venda da misma. Hai talonarios de 25 papeletas que entre familiares e amigos non resulta tan difícil de vender. Si os socios poñemos un pouco da nosa parte, todos saldríamos beneficiados das distintas actividades que fai a peña. Recordade que a Peña é de todos os socios.
Para colaborar, poñédevos en contacto co teléfono da Peña: 695161321 e xa vos entregamos o talonario. Grazas pola vosa colaboración.
jueves, 24 de septiembre de 2009
RESUMEN VILLAREAL-REAL MADRID
Ahí seguimos, no alto da tabla, sin dar tregua ó vixente campeón. ¡Que siga a racha!
miércoles, 23 de septiembre de 2009
Enquisa mellor fichaxe da tempada
Saúdos a todos!. Añadimos na parte dereita do blogue unha enquisa para que opinedes sobre cal considerades que é o mellor fichaxe da tempada. Sei que aínda é cedo e que queda moita liga, pero ó final faremos outra para ver si se cumplen as expectativas que todos tiñamos neste principio de tempada, e así contrastar o rendimento das novas estrelas. Veña, ¡animádevos a participar!
martes, 22 de septiembre de 2009
jueves, 17 de septiembre de 2009
¡¡BENVIDOS!!
Saúdos a todos. A directiva da Peña Madridista Monte Castelo quere darvos a benvida a este blog. A través do mesmo, pretendemos que o blog seña un lugar de participación para todos os socios e simpatizantes. Asemade aportaremos información sobre a actualidade da Peña, para que estedes puntualmente informados das distintas actividades que se fan. Esperamos que teña unha boa acollida e queremos que vos sintades "como na casa". Un saúdo
ASAMBLEA ORDINARIA
Este próximo venres día 18 de setembro de 2009 as 20:30 horas en primeira convocatoria e as 21:00 horas en segunda convocatoria, vaise a celebrar a asamblea ordinaria do 2009, donde se trataran os seguintes temas:
- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior
- Estado actual da Peña: Eventos realizados no último ano
- Estado de contas
- Actividades programadas para o vindeiro ano
- Rogos e preguntas
¡Esperamos a túa asistencia e participación! Non o olvides.
- Estado actual da Peña: Eventos realizados no último ano
- Estado de contas
- Actividades programadas para o vindeiro ano
- Rogos e preguntas
¡Esperamos a túa asistencia e participación! Non o olvides.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)